jueves, 2 de octubre de 2025

EMPEZOU O OUTONO

     Ninguén o diría pero rematou o verán e xa estamos no outono. Eso sí, aínda que empezamos a ver moitas follas polo chan, a verdade é que seguimos tendo sol e unhas temperaturas bastante altas. 



  Como xa imos coñecendo as vocais, observamos que a palabra OUTONO empeza pola O, e ten outras dúas máis. E xogamos a poñer a boca ben redondiña para pronunciar esa vocal. Estamos escoitando unha canción de OUTONO que fala de chuvia, nubes, botas e abrigos pero, realmente, por aquí seguimos de manga curta e zapatillas de deporte. Queredes cantar a canción do outono na casa?


   Aproveitamos o bo tempo para sair fóra e recoller follas para poder observalas ben, mirar os tamaños e formas, as cores...































 
     Despois tratamos de clasificalas tendo en conta a forma, a cor ou o tamaño pero aínda non o logramos, así que noutro momento retomaremos a tarefa. O que sí fixemos foi buscar algunhas follas iguais (recollemos moitas follas de magnolio) e fixemos un círculo con elas. Porque estes día tamén falamos moito das formas xeométricas.




   Dá gusto poder facer actividades ao aire libre! Despois o inverno faise moi longo, así que está ben ter momentos para respirar aire fresco, recibir as raiolas de sol e xogar con elementos da natureza.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

EMPEZOU O OUTONO

     Ninguén o diría pero rematou o verán e xa estamos no outono. Eso sí, aínda que empezamos a ver moitas follas polo chan, a verdade é que...