O luns, como é habitual tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Aínda que ás veces hai unha pouca preguiza para estirar músculos, facer forza nas pernas e nos brazos ou tratar de manter o equilibrio, o que é moi evidente é que os pementeiros e pementeiras están mellorando no seu control corporal global, na alineación das partes do corpo e, o que máis me interesa, no interese de facer as cousas mellor. Van saíndo asanas cada vez máis precisas e encántame ver como se van esforzando e acadan esas melloras. e a eles/as encántalles que eu os felicite e que lle saque a foto para poñer no blog, claro.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Mostrando entradas con la etiqueta encargado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta encargado. Mostrar todas las entradas
miércoles, 24 de mayo de 2023
SESIÓN DE IOGA, O TITANIC, O ORIENT EXPRESS E MOITAS COUSAS MÁIS
Ademais de traballar o corpo, traballamos a mente. Dentro do noso Proxecto Egeria estivemos coñecendo dous exemplos de medios de transporte mundialmente coñecidos: o Titanic e o Oriente Express. Probablemente sexan o trnsatlántico e o tren máis famosos da Historia, protagonistas de viaxes que deron orixe a relatos emocionantes, a películas oscarizadas e ata a investigacións profundas. Non creo que teña que aclarar que a historia do afundimento do Titanic despois de cgocar contra un iceberg deixou aos pementeiros e pementeiras abraiados e, a partir de aí, o Titanic aparece en debuxos, en conversas, xogando coas contrucións e en calqueira momento de xeito inesperado (algúns van comunicando ás mestras que veñen pola aula o que lle ocorreu ao Titanic por se non teñen coñecemento do feito).


E entre traballo e traballo, hai tempo de facer as diferentes rutinas de cada día, facer picnics, xogar, ler, investigar e, en definitiva, pasalo ben!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST
Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...