sábado, 31 de octubre de 2020

¡UNHA FESTA TERRORÍFICA!

    Chegou o día do Samhain, un día que ten que ver co final do verán, da época das colleitas, e o inico dunha nova tempada de escuridade, asimilada dalgún xeito coa morte. O feito de que faga frío, que haxa tormentas, que as árbores queden sin follas,  que os animais se escondan nas súas covas, que a natureza entre nun estadio de adormecemento, todo isto daba pé a crear historias de medo, de espíritus que vagaban na escuridade, nese momento en que se unían o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

   En todas as culturas e tradicións, e tamén nas relixións de todo o mundo, a vida e a morte están presentes. E xogar cos nosos medos é moi habitual desde ben pequenos, pensade nos contos tradicionais, na presencia de lobos, ogros, bruxas, xigantes etc. que persiguen e queren comer aos nenos/as. Existe en nós unha atracción cara as historias que nos inspiran emocións fortes, que moitas veces non sabemos xestionar ben, pero queremos escoitalas aínda así, porque cando nos enfrentamos aos nosos medos a través das historias tamén estamos desenvolvemento a capacidade de superalos. Son temas moi complexos pero todos percibimos como xa desde pequeniños, os nenos e nenas se disfrazan de vampiros, de monstros e de bruxas e xogan a ser terrorificos, a perseguirse uns aos outros, a dar sustos e todo iso dentro dun contexto lúdico exento de maldade.

   Pois ben, así queremos nós celebrar o Samaín, xogando cos noso medos, quitándolle importancia, facendo ver que somos fortes e invencibles, que non nos amilanamos ante eses personaxes que nos queren asustar. Mirade qué ben caracterizados chegaron os /as pementeiros/as ao cole, daban medo de verdade!































   E aproveito tamén esta entrada para mostrarvos outras tres cabazas decoradas que participaron no concurso e que eu non puxera na entrada anterior. Gustáronme moito e vexe que hai moito traballo detrás. A ver que vos parecen a vos. Son de Erik Váquez, de Martina e de Pablo Olivera. ¡Parabéns polo voso traballo!
 



    Un día cheo de emoción, con moita enerxía, moito movemento e moitas ganas de festa. Espero que todos pasedes un bo fin de semana.





jueves, 29 de octubre de 2020

CLAP, CLAP SONG

       Hoxe tivemos tempo de traballar e de facer un xogo musical moi divertido que quero compartir con todos vos aquí por si queredes practicar na casa. Xa vos aviso que sudamos todos pero pasamos un bo rato e traballamos o ritmo e a coordinación corporal global. Espero que vos guste.

                        CLAP, CLAP, SONG

   Tamén lemos contos. Un deles sobre uns monstros moi graciosos, de cores diferentes que sentían moitas emocións. Gustounos moito porque era en inglés e porque tiña máscaras moi divertidas, fixemos unha ficha e xogamos nos recunchos. Foi un día moi completo.























XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...