Hoxe celebramos o cumple de Damián. Onte, 18 de outubro cumpliu 5 anos e celebrouno coa familia. Pero hoxe fixemos a nosa celebración pementeira no cole como xa ven sendo habitual: apagamos a candea, cantamos o "Cumpleanos feliz", fixemos o "círculo dos eloxios" e firmamos todos a tarxeta de felicitación para o noso compañeiro que estaba bastante emocionado sendo o protagonista do día.
No círculo dos eloxios, dixémoslle a Damián as cousas que nos gustan de el, cousas que fai ben, actitudes ou comportamentos positivos, aspectos da súa forma de ser que nos fan sentir ben ou admiramos... Eu, por exemplo, díxenlle que me gustaba moito comprobar que cando me escoita e atende fai mos ben as tarefas do cole e iso fai que me sinta orgullosa del. Os compañeiros/as dixéronlle cousas como por exemplo:
- Gústame como nadas.
- Gústame como coidas as plantas.
- Gústame que sexas o meu amigo.
- Corres moi ben.
- Cando estaba na casa, botábate de menos.
- Eres o meu mellor amigo.
- Gústame como fas as posicións de ioga.
- Gústame como debuxas.
Por suposto, Damián estaba moi contento de escoitar esas palabras bonitas sobre el e agradecéullelo aos compañeiros/as.
Estamos aprendendo que cando valoramos a unha persoa, o importante é observar como se comporta, o que fai, as súas habilidades, as actitudes ante diferentes situacións e, pola contra, non valoramos á xente pola roupa que leva posta ou polo aspecto externo. Non é fácil porque a imaxe dunha persoa é o primeiro que percibimos pero non é o que define ás persoas, así que aínda que non pasa nada por recoñecer se alguén nos parece guapo, é importante valorar outras cousas máis significativas como si é amable, se é educado, se se esforza nas tarefas, se respecta aos demáis, se axuda aos que o necesitan, se sabe pedir perdón, se traballa con atención, se ten boas ideas, se pinta ben, se ten bo sentido do ritmo, se canta estupensamente, se nos fai rir, se ten boa memoria... ufff! hai tantas cousas que podemos valorar nos nosos amigos, verdade?
Intentemos entre todos facerlle ver aos cativos/as o que fan ben e o que poden mellorar.
Muchas felicidades Damián 🎂🥳
ResponderEliminarMuchas felicidades Damián!!!!! qué día más estupendo!!!
ResponderEliminar