martes, 20 de octubre de 2020

DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

  O 18 de outubro, desde o ano 1972, celébrase o Día Mundial da Protección da Natureza. Sempre temos que insistir na importancia de coidar e respectar a natureza, pero ultimamente é aínda máis necesario que antes xa que coa pandemia que estamos a vivir o uso do plástico parece que aumenta considerablemente, e o plástico é tremendamente nocivo para o noso planeta.


   Na Pementeira estivemos falando sobre todo isto tanto o luns como hoxe martes, e seguiremos insistindo ao longo da semana (e o resto do curso). Entre todos temos que intentar reducir todo o que poidamos o emprego de plástico. E debemos poñer en marcha hábitos que sexan un pouco máis respectuosos co medio ambiente. Por exemplo, ¿qué podemos facer no noso día a día?

  • Empregar bolsas reutilizables para facer a compra.
  • Procurar mercar frutas e verduras frescas sin que veñan envoltas en plástico.
  • Procurar mercar productos que non teñan moito embalaxe.
  • Intentar non empregar o coche e os electrodomésticos en exceso, non encender a calefacción si non é estrictamente necesario, non deixar os grifos abertos sin necesidade...
  • Evitar ao máximo o emprego de palliñas de plástico e de toalliñas hixiénicas.
  • Ser responsables coa comida, procurando non mercar de máis para despois tirala.
  • Aprender a disfrutar dos paseos e o deporte ao aire libre, as actividades no entorno natural en lugar de abusar do uso de tablets e ordenadores.

        Para reflexionar sobre a importancia de coidar o noso entorno natural, estivemos lendo a historia de Wangari Maathai que xa coñecíamos todos doutros anos, pero que é unha historia realmente estimulante que nos fai darnos conta de que cada un de nós podemos facer moito por cambiar este mundo no que vivimos.
     Penso que todos os artistas aman profundamente a natureza, porque está chea de vida, de beleza, de cores espectaculares, de formas orixinais, de inspiración e de paixón. Así que, qué cousa mellor podemos facer para homenaxear á natureza que pintar un fermoso debuxo , por exemplo do meu admirado Vincent Van Gogh? Eliximos este titulado "Olivos con ceo amarelo e sol" que ata parece que nos transmite calor e luz intensa como si estivéramos a pasear pola Provenza como fixo o pintor.











    Despois de disfrutar da pintura con acuarela que sempre é relaxante e nos fai sentir ben, estivemos vendo a presentación sobre lobos e suricatas que fixemos a semana pasada. A todos lles encanta verse a si mesmos pero tamén aos compañeiros/as e failles moita gracia cando me escoitan falar a min no vídeo (por exemplo cando fago algunha pregunta para completar un pouco algunha intervención deles).



3 comentarios:

  1. Que niñ@s más aplicados!!! Bruno ya me contó un poquito del libro,le gustó muchísimo,es increíble verles trabajar así de bien y sobre todo que nos trasladen en casa lo que aprenden y disfrutan en la escuela.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Me alegra mucho que cuenten cosas que hacemos porque tenemos buenos momentos a lo largo del día que sé que disfrutan mucho, porque se ve. El momento del cuento, de la asamblea, las actividades de ritmos, los bits de inteligencia, pintar con las acuarelas, escuchar música clásica y cantar canciones... les encantan y a mi me encanta verles. Después, a veces, se nos "estropean" un poquillo las mañanas con cosas como hablar a gritos, no escuchar lo que les pido y luego equivocarse en una tarea, no ser capaces de hacer una fila sin empujarse o manteniendo una distancia, lavarse las manos sin ponerse a jugar, tratar con cariño los juguetes y materiales del cole... bueno detallitos que tendremos que ir puliendo. En fin, en ello estamos, yo confío en que van a ir comprendiendo estas cosillas y juntos vamos a pasar momentos geniales en el cole porque sé que les gustan muchas cosas y aprenden con mucha rapidez!!!!!

      Eliminar
  2. precioso el cuadro de Van Gogh!! qué semana más interesante haciendo hincapié en lo que podemos hacer por el medio ambiente, que, en realidad, es por nosotros mismos. Si conseguimos que ellos se conciencien dentro de 20 años estas campañas ya no serán necesarias porque lo habitual será se haga.

    ResponderEliminar

COIDEMOS OS RÍOS

    Un ano máis, seguimos participando no Proxecto Ríos ,  un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia ...