Hoxe estivemos traballando unha posición de yoga nova: o guerreiro ou si queremos o seu nome real VIRABHADRASANA. Os nenos e nenas xa sabían que había tres variantes, e xa estaban emocionados pensando en facer as tres variantes hoxe, pero so fixemos a número 1 porque estamos facendo probas con certos cambios nas sesións de yoga para estar máis cómodos e ver mellor a posiión do corpo, non esbarar no chan etc. e iso trae tamén certas complicacións, concretamente que perdemos un pouquiño máis de tempo.
Explícovos: en primerio lugar todos empregamos o xel hidroalcólico cando imos para a aula de psico.
En segundo lugar, estamos sacando o mandilón e o calzado para a práctica do yoga. Así eu vexo mellor como se colocan e podo axudalos a mellorar certas posturas. Agora eles xa teñen máis control corporal, máis equilibrio e resistencia que en cursos anteriores e podemos avanzar en certos detalles, Como sempre vos digo, estamos intentando moitas cousas, con interese, con dedicación e sin frustración, o que vai saíndo mellor é xenial, o que aínda nos sae non pasa nada porque cada un evoluciona ao seu ritmo e sempre haberá cousas que nos resulten máis fáciles e outras máis complicadas. Así é a vida,imos aprendendo a esforzarnos, pero asumindo que non se acada todo nun día, nin siquera nun ano.
En terceiro lugar, volvín a empregar as esterillas porque certamente axudan a moitas cousas: marcan o espazo individual e así mantemos as distancias sin saír da esterilla, evitan que os pes esbaren no chan da aulaa de psico, supoñen un aillamento do frío da baldosa... pero a contrapartida é que teño que desinfectar cada esterilla cando rematamos unha sesión. Así mentres os nenos e nenas se van calzando e poñendo mandilóns, eu desinfecto as esterillas e doulle a volta para que ninguén volva colocar pes e mans onde os puxeron os compañeiros/as da sesión anterior. O chan tamén está perfectamente desinfectado porque temos unha persoa que cada día, durante toda a mañán está permanentemente fregando o chan deste aula, dos corredores e dos baños, co cal como ademais non estamos entrando nese espazo co noso calzado non estaríamos contaminado o lugar.
En cuarto lugar, por suposto, practicamos coas ventás abertas para ventilar ben a zona da práctica.
Todo isto fainos perder un pouquiño de tempo pero é importante tratar de cumplir certas normas de hixiene para evitar na medida do posible unha situación desagradable. Non estamos facendo un drama, simplemente estamos tratando de explicarlles aos nenos/as o que debemos facer por prudencia e por coidar a saúde colectica, e facémolo con total normalidade, sin darlle despois maior importancia.
Tras estas aclaracións, aquí está Virabhadrasana 1. Asana significa posición. Virabhadra é o nome do guerreiro.
E verdade que son como guerreiros esforzándose na súa concentración... qué ben esas mans levantadas pedindo turnos, que ben ese esforzo no yoga e grazas polo teu esforzo coa hixienización que, a verdade, ralentiza o ritmo normal e é tedioso.
ResponderEliminaro das caixas faime moita graza porque recórdame aos estoxos de cando nena de ter que rebuscar entre o material
y grazas por falarnos de Desmond Tutu e o Ubuntu.. tenme alucinada que Ubuntu é un termo amplísimo!! neste caso amplíase incluso a autoestima ou, alomenos, foi o que entendín do texto entrecomillado... qué paz transmite este home falando
María Basadre
Certamente, Ubuntu é un termo cheo de significado. É toda unha filosofís de vida, hai cousas máis difíciles de entender para os nenos/as pero a través de contos, de exmplos prácticos, poden ir adentrándose nesa maneira de pensar e de entender o mundo, a relación entre as persoas e a conexión coa natureza. Pouco a pouco imos reflexionando sobre todo iso 😉😊👍
EliminarQue bien esa postura de guerreros,pero lo que más me gusta es verles trabajar así de bien,con esa paz,esa concentración y ese saber estar,da gusto poder verlos día a día en el blog.
ResponderEliminarUn saludo.
Claro que sí. Hay tiempo para hacer cosas diferentes. Es cierto que también hay cosillas que se pierden debido a la situación que estamos viviendo pero no podemos dejar que esto nos pare. Este grupo puede trabajar disfrutando y vamos a conseguirlo, aunque también tengamos momentos con un poco menos de paz. Todo es mejorable, claro, pero estamos en el buen camino.
Eliminar