Hoxe tivemos tempo de traballar e de facer un xogo musical moi divertido que quero compartir con todos vos aquí por si queredes practicar na casa. Xa vos aviso que sudamos todos pero pasamos un bo rato e traballamos o ritmo e a coordinación corporal global. Espero que vos guste.
CLAP, CLAP, SONG
Tamén lemos contos. Un deles sobre uns monstros moi graciosos, de cores diferentes que sentían moitas emocións. Gustounos moito porque era en inglés e porque tiña máscaras moi divertidas, fixemos unha ficha e xogamos nos recunchos. Foi un día moi completo.
qué ben traballan cando están tranquilos! encántanme eses dediños sumando...
ResponderEliminarMaría Basadre
É unha marabilla ver o que poden facer cando logramos calma e concentración. Seguimos traballando esas cuestións que son as que máis costan. Sei ben que non lles faltan capacidades, que poden facer moitas cousas e que aprenden moi rápido. E sei todo o que disfrutan cando fan as cousas ben e eu os felicito. Pero temos que insistir sobre todo en ter vontade de escoitar, prestar atención e ter calma. A ver se as mamás e os papás me axudan con estas cousiñas 😅😅😅
ResponderEliminar