lunes, 27 de febrero de 2023

UN BO INICIO DE SEMANA

    Hoxe iniciamos una nova semana que promete ser interesante. De entrada coñecemos a un novo explorador, investigador, e amante da natureza, especialmente do mar, chamado Jacques Cousteau.


  Pero aínda estamos empezando a coñecelo así que xa vos contaremos máis cousas pronto.

      Estamos introducindo máis cousiñas na rutina de facer o panel cada día e agora o explorador ou exploradora  xefe xa se van encargando de escribir a suma cos nenos e nenas que non viñeron ao cole, así xa nos imos habituando a empregar símbolos matemáticos porque o concepto de suma xa está comprendido de maneira práctica.

                                       

    Despois do recreo, relaxámonos co Nocturno de Chopin para ir tranquilos á facer a sesión semanal de ioga que estivo moi ben.



















   Tras  as asanas de ioga, bailamos o Hoky-Poky na aula e pasámolo moi ben!
 
   E os últimos pementeiros en levar a casa o Libro dos Nomes foron Eric e Eros.






jueves, 23 de febrero de 2023

O ANIVERSARIO DE ROSALÍA

   Hoxe 23 de febreiro recordamos a Rosalía de Castro, a ilustre escritora padronesa que naceu tal día coma hoxe en 1837. Para recordala, participamos na elaboración dun crebacabezas coa súa imaxe. Cada peza foi decorada por unha das aulas do cole de xeito libre cos materiais e cores que cadaquén quixera e, a continuación, montouse a figura final no corredor.






























    Como con esto do Entroido estivemos moi centrados nas Mandas do Meco e nos disfraces, quedaron no tinteiro algunhas cousiñas que estivemos facendo na aula. Por exemplo, seguimos recibindo algunhas cousiñas para o recuncho do Proxecto Egeria. África, Carla, Eros, Sara e Irea trouxeron uns libros moi interesantes e xa empezamos a lelos. E o Libro dos Nomes sigue viaxando para que todas as familias poidan velo e xogar un pouco.





   E  aínda que sempre hai tempo para xogos, risas, bailes e ata desfiles polas rúas, tamén hai outros momentos de concentración nos que seguimos practicando conceptos de lóxica-matemática, de lecto-escritura e mellorando a grafo-motricidade. E, sempre que é posible, traballamos con música porque nos relaxa e nos fai sentir mellor.



























































XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...