Rematamos coas mandas do Meco e estamos xa preparados e preparadas para o gran día do Entroido Rosaliano. Esta semana pasounos voando entre peiteados divertidos, zapatos diferentes e mandiles orixinais. Aínda que ás veces é un pouco difícil concentrase nas tarefas de cole cando estamos xa mergullados no espíritu do Entroido, intentamos tamén facer algunhas cousiñas para non deixar de reforzar certos hábitos e aprendizaxes, pero desde logo esta semana foi bastante máis festiva do habitual.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
jueves, 16 de febrero de 2023
ÚLTIMAS MANDAS DO MECO
O martes recibimos unha visita sorpresa, Unha parella moi divertida, o señor Segredo e a señora Segredo, viñeron ao cole para contarnos cousiñas de Rosalía de Castro e xuntos confeccionamos unha Rosalía grande con fieltro na que metemos os nosos segredos e, tamén, nos agasallaron cunhas minirosalías a cada un de nós.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
TODO LISTO PARA A FESTA
E aquí estamos, a piques de celebrar o CastañazoFest e o Samaín 2026. Esta semana foi ben intensa. A lúa chea parece que nos puxo un pou...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...
-
Chegou o remate do trimestre e non sei a vós, pero a min pasóuseme rapidísimo. É certo que o tempo voa. No cole tivemos festa rachada cu...
No hay comentarios:
Publicar un comentario