Hoxe 23 de febreiro recordamos a Rosalía de Castro, a ilustre escritora padronesa que naceu tal día coma hoxe en 1837. Para recordala, participamos na elaboración dun crebacabezas coa súa imaxe. Cada peza foi decorada por unha das aulas do cole de xeito libre cos materiais e cores que cadaquén quixera e, a continuación, montouse a figura final no corredor.
Como con esto do Entroido estivemos moi centrados nas Mandas do Meco e nos disfraces, quedaron no tinteiro algunhas cousiñas que estivemos facendo na aula. Por exemplo, seguimos recibindo algunhas cousiñas para o recuncho do Proxecto Egeria. África, Carla, Eros, Sara e Irea trouxeron uns libros moi interesantes e xa empezamos a lelos. E o Libro dos Nomes sigue viaxando para que todas as familias poidan velo e xogar un pouco.
E aínda que sempre hai tempo para xogos, risas, bailes e ata desfiles polas rúas, tamén hai outros momentos de concentración nos que seguimos practicando conceptos de lóxica-matemática, de lecto-escritura e mellorando a grafo-motricidade. E, sempre que é posible, traballamos con música porque nos relaxa e nos fai sentir mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario