E, case sen darnos conta, chegou o Entroido e todo o cole Rosalía saiu polas rúas de Padrón a lucir os seus disfraces. En infantil foi un día de moita actividade xa que, como é habitual, fixemos unha sesión de fotos para poder recordar sempre eses disfraces cos que representamos moitas cousas das que estamos investigando co noso Proxecto Egeria, a continuación saímos a desfilar, logo tivemos a nosa merendola conxunta (nesta ocasión a merenda foi proporcionada polos nenos e nenas da aula da profe Marta) e, por último, aínda tivemos moito tempo de disfrutar dun día soleado no patio, con música, que tamén nos facía falta para liberar enerxía, relaxarnos e pasar momentos de diversión con todos/as os compañeiros/as. Foi un día fantástico, no que os nenos e nenas se portaron realmente ben e que seguramente nos deixará un bonito recordo.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
EMPEZOU O OUTONO
Ninguén o diría pero rematou o verán e xa estamos no outono. Eso sí, aínda que empezamos a ver moitas follas polo chan, a verdade é que...

-
Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. A...
-
Chegou o momento de empezar un novo curso escolar, o 2025/26. E unha vez que os nenos e nenas que habitaban as terras pementeiras mar...
-
O proxecto Plumas está dando moitas posibilidades de aprender cousas interesantes. Un dos obxectivos deste curso e´sen lugar a dúbidas, ...
Mira que Aileen le gustan las fotos!!😂😂😂 Lo pasaron genial!!! Fue estupendo y encima el día acompaño, no se puede pedir más!!! Un saludo y gracias 😊😊😊
ResponderEliminarLe encantan, le tenía que sacar la foto con cada cosa que comía, jajaja, algunas ya no las puse porque parecían repetidas, es tremenda! se lo pasó genial, bueno creo que todos lo pasamos bien, el día estuvo precioso, se portaron muy bien y venían muy guapos/as, así que todo salió genial. Gracias por visitar el blog y por dejarnos tu comentario!
Eliminar