Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil. Sempre é agradable miralo e ir recordando as diferentes tarefas que fomos facendo ao longo do trimestre. Os nenos e nenas disfrutan moito revisando todas as fotografías, buscándose a eles mesmos e aos compañeiros e facendo os seus comentarios.
Seguimos picando máis follas para a nosa planta de... Bueno xa vos contaremos cando a teñamos lista.
Fixemos unha sesión de ioga e relaxación na aula de psico procurando traballar a escoita activa, algo que nos costa un pouquiño. É importante insistir no feito de escoitar de maneira consciente para entender certas indicacións, ter calma e non precipitarse facendo algo con prisa antes de escoitar realmente o que nos piden, e procurar entender as indicacións para lograr certos obxectivos concretos. Nas aulas de infantil a impulsividade é algo sempre presente e, por iso, moitas veces se comenten erros xa que costa pararse a reflexionar e ter a calma de intentar algo que non sempre se consigue no primeiro intento. Por iso estas sesións de ioga son momentos nos que insisto no feito de escoitar, de concentrase na acción, no movemento corporal, e manter a atención. Son habilidades importantes que repercuten moi positivamente no avance dos nenos e nenas e xa estamos vendo progresos.
Aprendemos unha recitación en inglés que nos gusta moito, así que queríamos gravala para que a poidérades disfrutar tamén na casa.
Recibimos a visita duns ex-pementeiros/as que tiñan ganas de recordar vellos tempos e quixeron pasar un pouquiño de tempo connosco, mirando o blablacuncho, vendo se había cambios na aula, mirando os libros e xogos que temos e falando de moitas cousas. Foi un pracer recibilos por aquí e comprobar que os lazos creados na etapa de infantil seguen fortes.
E xa por último, temos unha proposta para celebrar o Día do Libro que, como xa sabedes, é o 23 de abril. En infantil queremos organizar unha exposición coas portadas dos nosos contos favoritos. Pero non se trata de poñer a portada real do conto, senón de recreala convertíndonos nós mesmos/as nos proptagonistas dela. Así que a cuestión é:
1.- Elixir un conto que nos guste e observar a súaportada.
2.-Recrear esa portada posando nós como protagonistas. Pódense empregar os obxectos que se considere preciso para que a imitación sexa o máis parecida posible á portada real. Haberá que botarlle imaxinación e sentido do humor para lograr recreala de xeito inconfundible xa que poderemos pasar un bo rato tratando de averiguar de que conto se trata.
3.- Sacar unha foto, imprimila e enviala ao cole para montar a exposición de Blablaportadas.
Eu, por exemplo, escollín o conto "A casa da mosca chosca". Recoñeceríades o conto?

No hay comentarios:
Publicar un comentario