viernes, 17 de abril de 2026

SEGUIMOS AVANZANDO

    Xa estamos metidos en faena e, despois das emocións da Pascua, estamos volvendo ás nosas rutinas, ás nosas tarefas e xogos habituais. Esta semana estivo chea de actividades. Agora xa se perciben máis progresos nas tarefas de grafo-motricidade, parece que os peques están empezando a interiorizar e automatizar o xeito de agarrar o lapis e podemos centrarnos máis na direccionalidade dos trazos, na coordinación de movementos, e na precisión e pouco a pouco estamos vendo progresos. 

   Estivemos facendo as vogais O e U e o número 2.










 










 













   Tamén practicamos a identificación dos números cun xogo na pantalla dixital. Foi divertido e seguramente poderemos xogar máis veces.





















   Picamos cun punzón unhas follas para unha cousiña que imos poñer no corredor en colaboración cos nenos e nenas de 5 anos. Xa vos iremoscontando. O caso é que foi a primeira vez que utilizamos o puzón e saiu fenomenal. Un éxito!










      E sempre deixamos tempo para xogar en pequeno grupo, en parellas ou de xeito individual.

















  E se queredes ver unha pequena mostra de como estamos traballando e xogando na aula, aquí tendes un vídeo. A música é unha boa maneira de crear un ambiente agradable e aínda que hai veces que non é posible escoitala, noutras ocasións xa conseguimos disfrutala e deixar que nos acompañe nas tarefas cotiáns. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

SEGUIMOS AVANZANDO

    Xa estamos metidos en faena e, despois das emocións da Pascua, estamos volvendo ás nosas rutinas, ás nosas tarefas e xogos habituais. Es...