lunes, 26 de abril de 2021

O CUMPLE DE LEO

     Hoxe celebramos o aniversario de Leo que estaba todo emocionado por ter xa 6 anos e por compartir esta celebración cos compañeiros. Repetimos as nosas rutinas dos cumpleanos apagando a candea, escoitando o cumpleanos feliz, escoitando as cousas bonitas que nos din os compañeiros no Círculo dos Eloxios. Eso sí hoxe non comemos as galletas en parte porque preferín deixar a caixa en cuarentena como facemos normalmente e, en parte, porque fixemos a celebración un pouco trade e xa nos viña encima a hora de comer. Pero mañán sin falta repartimos as galletas de Leo. Grazas por traelas!








  No Círculo dos Eloxios, como fago sempre, rompí eu o xeo decíndolle a Leo o que me gusta de el:
-Gústame moito cando chegas pola mañán ao cole e xa me saúdas desde a porta, contento e cheo de enerxía. Gústame como te entusiasmas cando aprendes algo novo, como contas cousas relacionadas co tema que estamos a falar, como disfrutas mostrando o que sabes, sei que hai moitas cousas que che interesan, como os animais e tamén cousas da historia de outros países, e iso é xenial. Felicítoche por ter ganas de aprender e por querer particpar sempre nas tarefas que facemos.
  Despois os compañeiros/as dixéronlle cousas como:
  -Gústame como corres.
  -Gústame como te comportas cando te comportas ben.
  - Gústame como xogas cos teus mellores amigos.
  -Gústame escoitar as preguntas que fas.
  - Gústame como te emocionas.
 -Gústame como fas as fichas.

   Estou tratando de que os nenos e nenas se paren uns minutos a pensar no compañeiro que está no centro do círculo, que saian de sí mesmos para pensar nos outros e reflexionar sobre o que realmente aprecian deles. Ultimamente o Círculo dos Eloxios estaba sendo un pouco repetitivo, os pementeiros/as xa non pensaban nin o que dicían, simplemente repetían as mesmas frases (por exemplo "gústame como nadas" e cando eu lle digo si viron nadar a ese neno/a dicíanme que non). Así que pode ser un exercicio interesante para facer tamén nas familias, pensar nas cousas que nos gustan dos demais e verbalizalas. Non é sinxelo para os nenos/as pequenos/as pero pouco a pouco irán aprendendo a descubrir o que aprecian dos demais. A verdade é que un exercicio que nos ven ben a todos, tamén aos adultos, é importante cada día reflexionar sobre as cousas que nos gustan dos nosos compañeiros/as, amigos/as ou familiares. Seguro que hai moitas e seguro que as decimos pouco, verdade?











domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

  O venres conmemoramos o Día do Libro disfrutando dos contos, das lecturas, dos libros como era o lóxico. Moitos nenos e nenas estaban felices porque, como eles/as me contaron, ían comprar un libro ao saír do cole. ¡Que mellor maneira de celebrar este día que mercando un bo libro! e ¡Qué marabilla ver esa ilusión nas caras dos nenos/as por mercar un libro! Iso é estupendo.

   E nós empezamos a xornada lendo unha historia mitolóxica, a de Teseo e o Minotauro porque levábamos varios días nas que as conversas ían por eses derroteiros e todos parecían moi interesados neses relatos tan fantásticos (de feito foi un deses días nos que aplaudiron ao rematar a lectura).

  E como xa máis ou menos faláramos da historia do laberinto, do seu arquitecto Dédalo e o seu fillo Ícaro, pois resulta que non quedaba outra opción que falar de arte, porque obviamente esa historia de Ícaro está moi presente nas obras plásticas de moitísimos artistas. Como tamén faláramos de Matisse cando traballamos o collage, aproveitei para mostrarlles como representou este artista a Ícaro.
  Entón Seira tamén nos contou que na súa casa tiñan unha escultura, realizada polo seu pai, que representaba a un home-paxaro e mandáronme as fotos. Os pementeiros/as quedaron impresionados. Gustoulles moito e xa quedamos que en canto teñamos un momento para xogar e modelar con plastilina, van intentar facer o seu propio Ícaro.




    E despois, como actividade do Día do libro, cada neno/a escolleu o seu libro favorito para recomendarllo a algún amigo, a outros nenos ou a calqueira persoa que queira pasar un bo rato, escribiron o título, buscaron unha ilustración que lles gustara dese libro e debuxárona. Mirade que libros foron escollendo e que ilustracións recrearon no seu papel. E, por suposto, tamén tivemos tempo para disfrutar lendo porque o Día do Libro é para iso, sen dúbida, para ler e viaxar a través das páxinas dun interesante libro.
















































XOGOS NOVOS, KAMISHIBAI, DÍA DA TERRA, DÍA DO LIBRO... ¡CANTAS COUSAS!

      Empezamos esta semana estrenando uns xogos novos que axudan a traballar a observación, a imaxinación, o control motriz, a lóxica-matem...