Chegou o remate do curso 2024-25 e do 2º ciclo de Educación Infantil para estes nenos e nenas que compartiron tres anos na Pementeira. Agora terán que vivir novas experiencias en Primaria e seguro que sairán airosos/as.
Así que, para despedirnos tamén deste medio de comunicación que foi o blog, aquí vos deixo as últimas tarefas de aula e o resumo do festival e festa de fin de curso.
1.- Estivemos facendo as nosas portadas e as nosas bolsas para levar o material.
2.- Últimas tarefas do proxecto: Noel trouxo un ovo de cor verdosa que nos chamou moito a atención en contraste cos ovos que estamos máis afeitos a ver.
E Aileen resolveu o último reto plantexado na aula relacionado cun segredo curioso que ten o paxaro carpinteiro na súa cabeza. Sabíamos que o tucán regula a súa temperatura corporal grazas ao seu peteiro e agora sabemos que o paxaro carpinteiro ten unha lingua moi peculiar porque dá volta ao redor da súa cabeza e así amortigua o impacto da gran cantidade de peteirazos que dá nas árbores. Parabéns, Aileen pola investigación!
3.- Ensaiamos para o festival, fixemos picnics e xogamos no patio.
7.- Festival de Fin de curso: o 20 de xuño celebranos o festival de fin de curso 2024-25 e, tamén a graduación dos nenos e nenas de 6º de primaria. Foi un día moi completo, cheo de emocións, de risas, de música, de xogos e, finalmente, foi un día de despedidas.
E agora só me queda despedirme de todos/as estes/as pementeiros/ase desexarlles todo o mellor na nova etapa que van empezar. Sei que non terán problemas para superar novos retos e acadar novos obxectivos. Eu vereinos/as por aquí e observarei desde primeira liña como van medrando. Sempre formarán parte do meu periplo profesional por este centro padronés e gardarei os mellores recordos destes tres cursos nos que compartimos multitude de vivencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario