jueves, 28 de mayo de 2020

A VERDADEIRA HISTORIA DAS CORES

   E hoxe é o momento perfecto para falar de cores. Fai xa bastantes días que vos dixen que vos ía contar  "A verdadera historia das cores" pero foron xurdindo algunhas cousas que tamén quería compartir no blog, e fun deixando en espera esta entrada. Así que chegou o momento. Cando fixemos o círculo cromático vimos as cores primarias (azul, amarelo e vermello) e as secundarias (violeta, verde, e laranxa).
    Pois ben, hoxe imos ver cales destas cores son complementarias. É moi sinxelo. se mirades o círculo cromático, as cores complementarias son xusto as que están enfrente unha da outra. É dicir, o verde e o vermello son complementarias, o azul e o laranxa son complementarias e o amarelo e o violeta son  complementarias. A cor complementaria de cada cor primaria é a mestura das outras dúas cores primarias.
  


  As cores complementarias cando as colocamos unha ao lado da outra danse forza, as cores parecen máis intensas e iso permítenos empregalas para expresar emocións máis fortes nas pinturas, para atraer a nosa vista.



Se mirades as flores que eu pintei en vermello e amarelo podedes comprobar que son iguais, que empreguei a mesma cor en cada exemplo. Despois pintei o fondo diferente. Nun caso coa cor complementaria do vermello e o amarelo e, noutro caso, con outra cor diferente. Así podemos comprobar como as flores parecen ter unha cor máis intensa cando o fondo é a súa cor complementaria (as fotos quizá non son moi boas e non se aprecia  o efecto, pero podedes probar na casa a ver se notades como as cores se dan forza ou se "debilitan" unhas ás outras)




Moitos pintores empregaron esta técnica de empregar as cores complementarias xuntas para destacar certas partes da pintura, para resaltar algunhas personaxes ou transmitir emcións máis fortes. Mirade estas obras e buscade onde están as cores complementarias xuntas ou cerca para darse forza.
 
Van Gogh emprega no "Sembrador" e na "Siesta" o azul ao lado do laranxa e o violeta co amarelo e acadando  así pinturas con moita intensidade.
No retrato do "Dr, Gachet" tamén emprega os laranxas contrapostos aos azuis e, na mesa, fai un xogo entre o vermello da superficie e o verde das follas da dedaleira. ¿Recordades que falamos da dedaleira? Nesta obra destaca a cara do médico pero tamén esa planta nas súas mans, unha planta medicinal que sirve para "explicarnos" cal é a profesión do retratado.

    Monet, no seu campo de amapolas tamén emprega as cores complementarias, neste caso o verde do campo e o vermello das amapolas, de maneira que a nosa vista vai rapidamente a esa zona do cadro dándolle moito protagonismo as flores, máis que ás personaxes que pasean.
    "Xogar" coas cores, ver como se inflúen unhas ás outras é moi interesante. Agora déixovos dous vídeos para que os vexades cando vos aetezca. No primeiro explícovos todo esto das cores complementarias. E o segundo é a naración do conto "A verdadeira historia das cores" un fermoso libro para todos os nenos e nenas amantes da pintura.

Eva Heller. "La verdadera historia de los colores. Para niños ...
   E si queredes pintar algunhas obras de arte empregando cores complementarias aquí vos deixo algúns debuxos... Pero podedes practicar con calqueira imaxe ou debuxo voso...


Obra de arte - Colorear para Adultos  Van Gogh para niños. Vídeos, dibujos para colorear, canciones ...

    Con estes debuxos, moito máis sinxelos podedes probar as distintas combinacións de cores. Se empregades os contrastes con cores complementarias, seguramente as pinturas chamarán máis a atención, serán máis intensos Pero ao mellor esa intensidade non vos gusta e preferides pintar con tonos menos contrastados que, seguramente, farán que os debuxos sexan máis relaxantes. ¡Veña, a xogar coas cores!
Dibujo de un cuadro con dos floresDibujo de una manzana en un cuadroResultado de imagen para imagenes para dibujar | Flores fáciles de ...


lunes, 25 de mayo de 2020

DÍA MUNDIAL DE ÁFRICA

     

   Hoxe é un día que me gusta moito. 25 de maio: Día Mundial de África. Gústame porque é un día para falar de África, para darlle presencia no mundo no que vivimos, para achegarnos a ese continente tan próximo a nos pero tan descoñecido para a maioría da xente. África non é un país, é un gran contimente con 54 países. África é un continente cheo de historia, de arte, de música, de tradicións, de literatura, de paisaxes impactantes, de animais impresionantes, e sobre todo cheo de homes e mulleres, de nenos e nenas que loitan por saír adiante, por vivir con alegría, por aprender e de aportar a súa intelixencia ao resto do mundo.
    Resumir África en cuestións como pobreza, fame, sequía, chozas e safaris é completamente inexacto e totalmente inxusto. gustaríame que hoxe en todas as familias que visitan o blog adicaran un tempo a investigar cousas sobre África, cousas que non sabían antes, cousas que lle sorprenden, cousas que lles fan admirar este continente. Cando coñecemos algo, cando nos acercamos coa mente aberta, con acitude receptiva e con interese a algo é cando empezamos a amalo. ¡Canto me gustaría que empezáramos a respectar e valorar o que é diferente, en lugar de menosprecialo!

   Por exemplo, eu vou citar aquí varias cousas interesantes. Non sei se xa as sabíades todas ou non. Podédesme contar se vos sorprenderon, ou se vos averigüástedes outras cousa aínda máis interesantes.
  •  Parece ser que o primeiro home do mundo tivo a súa orixe en África e desde alí moveuse a outros lugares.
  •  A montaña máis alta é o Kilimanjaro.
  •  Hay 9 desertos de area (como o dahara ou o de Kalahari). En Namibia hai un deserto de sal.
  •   O lago máis grande é o Lago Victoria.
  •    A cidade máis grande é Johannesburgo, capital de Sudáfrica.
  •    O elefante africano é o animal máis grande do mundo.
  •    O animal máis perigoso de África é o hipopótamo. E o máis alto é a xirafa.
  •    O Nilo é o segundo río máis longo do mundo.
  •    En África fálanse máis de 1500 linguas diferentes. Aínda así na maioría dos países fálase principalmente inglés, francés (ou mesmo portugués e español) como consecuencia da colonización (os países europeos máis potentes no século XVII apropiáronse do cntinente e repartíronse os países entre eles).
  •    Das 8 especies de baobabs que hai no mundo, 7 son africanas (6 de Madagascar e 1 do continente) e só unha especie é de Australia.
  •    Madagascar é a cuarta illa máis grande do mundo. Os lémures considéranse sagrados alí.
  •    En Sudáfrica hai pingüinos.


   Poderíamos pasar o día enteiro coñecendo datos e curiosidades de África, pero o que mías me gustaría é que hoxe investigárades sobre este continente ou sobre un dos seus 54 países e me contárades que cousas vos interesaron máis.
   Agotra invítovos a que escoitedes un conto tradicional africano titulado RAFARA, que vexades unha presentación sobre África e que escoitedes e disfrutedes cunha poesía que eu mesma escribín e que normalmente traballo cos mes alumnos (este ano non puido ser, de maneira presencial, pero botei man dos debuxos e os textos escritos por un dos meus grupos de "A Pementeira" que agora xa están en primaria)






viernes, 22 de mayo de 2020

CÓMIC

    Un cómic é un relato feito con debuxos en viñetas sucesivas e pode levar texto ou non. Cando eu era pequena normalmente falábamos de "tebeos" e agora, pola contra, a expresión máis empregada é a de "banda deseñada". E ¿a que ven todo isto? Pois resulta que un día coma hoxe, un 22 de maio de 1907, naceu en Bélxica, Hergé, o creador das aventuras de TINTÍN e MILÚ.
Tintín, el viajero que llegó a la Luna antes que todos  

 ¿Coñecedes a Tintín? Pois é un intrépido reporteiro que viaxa a moitos lugares do mundo co seu can Milú para solucionar enigmas e misterios.





Viñetas de las aventuras de Tintín y Milú. "La isla negra ...13 - Tintin y El Templo del Sol en 2020 | Templo del sol, Tintin y ...     
   Na banda deseñada o debuxo é moi importante, a través das imaxes imos vendo o que ocurre na historia, como as secuencias dunha película e para indicar o que din ou pensan os personaxes empréganse "bocadillos" ou "globos". A dereita podes ver os tres tipos de bocadillos ou globos máis empregados nunha historieta gráfica como as de Tintín. O primeiro emprégase cando os personaxes falan normalmente. O segundo recolle os pensamentos e o terceiro indica que o personaxe está berrando.


   Hai moitos cómics, historietas, tebeos ou bandas deseñadas moi divertidos, así que podedes animarvos a ler algún. pero como hoxe lle estamos adicando a xornada a Hergé e á súa creación, Tintín, podemos xogar a crear a nosa propia historia con este intrépido reporteiro e o seu can.
   Ben, aquí vos deixo unhas imaxes de Tintí e Milú. A proposta é:
   1.- Imprimir e colorear os debuxos.
   2.- Imaxina o que está ocurrindo en cada imaxe. Eu plantéxovos algunhas preguntas en cada debuxo a modo de pistas ou suxerencias para encamiñar a historia. Podedes partir desas preguntas ou simplemente imaxinar vos o que ocurre. Debuxa un globo ou bocadillo como os de arriba e escribe o que están decindo, pensando ou berrando os personaxes.
   3.- Fai un debuxo ou varios debuxos, viñetas, co que ti pensas que ocurre despois.
   4.- Crea a túa propia historieta cun personaxe inventado por ti.
1.- Tintín vai preparado co necesario para escalar unha montaña. ¿Qué montaña escalará? ¿Qué buscará nesa montaña?
2,. Tíntín e Milús están correndo. ¿Por qué? ¿Crees que teñen prisa por facer algo, ou estarán escapando? ¿A onde queren chegar? ¿Quen os persigue?
3.- Milú está moi feliz. ¡Mira que expresión de alegría ten na cara! ¿Qué está mirando? ¿Qué é o que observa que o pon tan contento?

4.- Tintín está moi ocupado con tantos libros e escribindo algo. ¿Qué está facendo? ¿Qué busca nese montón de libros? ¿Estará investigando sobre algún enigma ou terá un examen no cole?

 E se queredes coñecer un pouco máis a Tintín, por suposto o importante é ler as súas aventuras pero se agora mesmo non é posible, podedes velas en Youtube (aínda que eu penso que é mellor lelas).


Ver las imágenes de origen

jueves, 21 de mayo de 2020

DURERO

Dürer - Selbstbildnis im Pelzrock - Alte Pinakothek.jpg 

  
  Un 21 de maio de 1471 nacía en Nüremberg o xenial pintor Alberto Durero. É un pintor que eu admiro moito porque a min encántanme os retratos. Penso que o máis difícil para un pintor é facer un bo retrato porque debe transmitir vida, pensamentos, emocións e iso non é fácil. E Durero pintou un autorretrato que é un dos meus favoritos de toda a Historia da Arte.





Ver las imágenes de origen

A súa firma  aparece ao lado esquerdo da súa cara. Empregaba só as iniciais do seu nome e o seu apelido: unha A e unha D. É completamente innovadora, un auténtico deseño, un logo como lle poderíamos chamar hoxe. Durero foi un auténtico precursor.



Casa de Alberto Durero - Núremberg - Arrivalguides.com

  Durero naceu e viviu en Nüremberg, unha fermosa cidade alemana situada na rexión de Baviera. Esta era a súa casa. Na actualidade é un museo que eu tiven a sorte de visitar e pódese ver como era o estudo no que él traballaba, os materiais e artiluxios que tiña etc.  

  Durero é moi coñecido polos seus estudos de animais e plantas que debuxaba con moitísima precisión. De feito ás veces chámanlle "o pintor da natureza" por esa capacidade de observación e o detallismo das súas representacións. Unha lebre que debuxou é tan famosa en todo o mundo que ata lle fixeron unha estatua en Nuremberg.
Liebre joven (Durero) - Wikipedia, la enciclopedia libre     NUREMBERG, GERMANY - MAY 20, 2016 Rabbit sculpture - Tribute to ...

Dürer's Rhinoceros, 1515.jpg   Outro dos debuxos máis icónicos do pintor, inconfundible e supercoñecido é o seu rinoceronte. Detrás deste gravado hai unha historia realmente fantástica, propia dunha novela ou un conto pero que, sin embargo é totalmente certa.





El rinoceronte de Durero by Ediciones El Naranjo - issuu    
Se queredes ler a historia deste rinoceronte tan famoso podedes facelo nun bonito libro titulado así "O rinoceronte de Durero".
    A cousa foi máis ou menos así: O sultán da India regaloulle o rinoceronte a un almirante portugués chamado Afonso de Albuquerque. Afonso levou o rinoceronte para Portugal e chegou a Lisboa un 20 de maio de 1515. Nesas épocas era habitual que os poderosos gobernantes regalaran animais exóticos a outros gobernantes ou personaxes importantes. O rinoceronte viaxou en barco durante 120 días desde Goa (India), atravesando o Océano Indico, bordeando o Cabo de Boa Esperanza e dirixíndose cara o norte polo Atlántico parando brevemente en Mozambique, Santa Helena e as Azores.
   Como nunca se vira un rinoceronte en Europa, podedes imaxinarvos que o animal cun ese gran corno no seu nariz, como un unicornio, causou auténtica sensación. O rinoceronte foi vivir a "casa das fieras" do rei Manuel I. Pero a cousa non acabou aí. O rei Manuel I quiso regalarlle o rinoceronte ao Papa León X (que chamándose así non é raro que lle gustaran os animais salvaxes) e velaí que o pobre rinoceronte tivo que volver a viaxar de novo. Outra vez nun barco percorrendo o mundo o pobre rinoceronte chegou a Marsella onde o rei de Francia Francisco I quiso velo Tras a parada reanudaron o seu periplo pero unha forte tormenta fixo naufragar o barco xa en Italia e o rinoceronte morreu afogado. ¡Que triste verdade! Menos mal que co tempo estamos aprendendo a respectar un pouquiño máis aos animais, e a natureza en xeral, e entendemos que non son obxectos para o noso disfrute senón que son seres vivos que teñen dereito a estar no seu hábitat.
   Despois diso, o rinoceronte foi disecado pero non se sabe que pasou despois.
    Pois ben, Durero non chegou a ver ese rinoceronte. Un mercader que si o pudo ver escribiu unha carta describindo o animal e fixo un boceto sinxelo do animal.  Durero a partir desa descripción fixo dous debuxos a tinta e o famoso grabado e hai que recoñecer que para non ver nunca un rinoceronte fixo un debuxoimpresionante.
    Podedes xogar en casa a facer debuxos a partir de descripcións de animais reais ou fantásticos. Mamá ou papá poden ir describindo as partes dun animal, o tamaño, a forma xeral, cor etc. so con palabras e vos tendes que tratar de ir debuxando o que eles din. ¡A ver se é fácil facer o que fixo Durero!
   A continuación podedes ver máis obras de Durero:
Alberto Durero, pintor de la Naturaleza – Baúl de Chity      Búho" ,Alberto Durero, 1508 | Durero, Arte de búho, Arte renacentista



La gran pradera de Durero. Análisis botánico y paisajístico ...

   Animádevos a observar a natureza, coidándoa e respectándoa, mirándoa con ollos atentos, e despois intentade debuxala e pintala como auténticos artistas.
   Por exemplo, Carlota xusto estivo traballando como Durero observando flores silvestres e debuxándoas. Carlota elexiu dúas: a Flor da pasión e o Dente de León. ¡Mirade que chulada de fotos me mandou para o blog! Veña, facede  como ela e mandádeme o resultado das vosas investigacións e os voso debuxos. ¡Encantarame recibilos!




    E xa aproveito esta entrada para mostrarvos máis traballiños que mandaron algunhas nenas:
   Cris  mandou unhas imaxes do seu traballo de hoxe buscando as palabras que riman nun poema. ¡Qué gusto me da ver como traballan estes chicos e chicas de infantil, e con que caras de felicidade!
 Paula e Noa tamén se animaron a completar a poesía dos animais que van ao mercado. E Noa, ademais, creou o seu personaxe fantástico e púxolle o seu nome empregando as figuras musicais como na proposta que vos puxen fai un par de días no blog.

  E de novo, Carlota acábame de enviar a súa experiencia coas figuras musicais.  Igual que fixo Noa, debuxou o seu personaxe fantástico e púxolle o nome facendo a súa combinación persoal de figuras musicais.
 


 ¡Parabéns a todas! ¡Fantásticos traballos!
Thumbs Up الإبهام GIF - ThumbsUp الإبهام لأعلى - Discover & Share ...


miércoles, 20 de mayo de 2020

POESÍA

   Hoxe imos adicar o día á POESÍA. Xa sabedes que a min me gusta moito xogar coas rimas e crear as miñas propias poesías. Así que a proposta para esta xornada é que pasedes un pouco de tempo lendo estes fermosos poemas e disfrutando con eles.









   E se  vos apetece buscar palabras que rimen, podedes completar os espazos vacíos deste poema coas palabras que mellor encaixen.


XORNAL E LEÓNS

   Por fin recibimos o segundo exemplar de "Novas de Infantil" deste curso 2023-24. Tardou un pouquiño máis do previsto (a pesar d...