lunes, 4 de mayo de 2020

XOGOS DE RITMO

    Empezamos a primeira semana de maio con ritmo. Aquí vos deixo dous exercicios de ritmo que tamén nos achegan á linguaxe musical e á lectura de partituras (concretamente o primeiro).
    O primeiro exercicio preséntavos dúas figuras musicais: a negra que dura un tempo e a corchea que dura medio tempo. Así combinando de distintas maneiras esas dúas figuras, negras e corcheas, vanse enchendo os catro tempos do compás.

    Figuras Musicales | Teoría de la Música
  Veña! Mirade o vídeo primeiro e despois tratade de acompañar a melodía con palmas ou outro tipo de percusión corporal, ou con suaves golpes sobre unha mesa, ou con algún instrumento que teñades na casa.
   A segunda proposta permítenos traballar o ritmo pero tamén a concentración e a memoria visual e auditiva. Podedes miralo unha primeira vez para comprender a mecánica do xogo que consiste simplemente en repetir unha secuencia de percusión, e despois comprobade o que sodes capaces de repetir (vos podedes facer o papel do segundo participante, o que repite a secuencia que toca o primeiro). A primeira vez quiza cometedes algúns erros, é lóxico, pero o bo é que podedesrepetir o exercicio as veces que queirades. Xa veredes como ademais de mellorar o voso ritmo, atención e concentración, tamén conseguides relaxarvos e divertirvos.


E se che apetece escoitar cancións en galego, aquí tes un enlace para acceder a RADIO PICARIÑA onde podes escoller que queres escoitar hoxe, mañán ou pasado mañán...
http://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina


¡Bo día e a disfrutar coa música!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...