Hoxe propóñovos unha nova sesión de yoga para estirar ben o noso corpo e recordar algunha das ASANAS que facíamos no cole. Nesta ocasión gravei un vídeo para que, si vos apetece e vos resulta cómodo, sigades o mesmo esquema para ir pasando dunha posición a outra. Podedes permanecer máis tempo en cada asana se queredes, eu intentei facelas dun xeito dinámico para non facer un vídeo excesivamente longo pero podedes variar os tempos de realización da rutina ao voso gusto. Estaría ben, que cada día intentárades aguantar un pouquiño máis en cada posición (ao principio contade ata 5, despois ata 10 ou 20). Tampouco é preciso facer toda a sesión hoxe, podédela dividir en dúas ou saltar algunha parte para facer outro día. Hoxe o que intentei básicamente foi realizar estiramentos e torsións para despertar un pouquiño o noso corpo que leva tempo facendo menos exercicio do que era habitual e nos gustaría, verdade?
Algunhas das posicións que aparecen no vídeo son:
Procurade facer as posturas con suavidade. Hay que esforzarse un pouco pero sin facerse dano. É importante ir vendo ata onde imos chegando cada vez. A práctica tamén pode variar ao longo do día. Por exemplo a min cóstame máis facer as distintas asanas pola mañán e nótome máis ríxida e menos flexible que pola noite. Así que podemos ir probando cando nos ven mellor practicar.
Hoxe estuvemos vagonetas, pero mañan a tardiña.. Tocanos!!!!!
ResponderEliminarNon pasa nada, as cousas hai que facelas con gusto e con ganas, non hai que forzar, calqueira día é bo para facer yoga e mañán é un día perfecto!!!!! O importante é que disfrutedes e estiredes ben todos os músculos!!!😂👍 Grazas pola visita e o comentario!!!! Bicos!
EliminarComo nos gustou Teté, as peques encantadas e mama nin che conto🤩
ResponderEliminarPois alégrome un montón! Hai que ir estirando un pouquiño e, ás veces, ímonos abandonando porque xa levamos tanto tempo na casa que é fácil deixar certas prácticas que eran tan habituais. Eu trato de seguir practicando e alégrame que alguén me faga compañía aínda que sexa virtualmente,moita grazas e moitos bicos!!!!!😍😘😘😘
Eliminar