Non sei como anda o tempo por aí, pero aquí levamos dous días con choiva e bastante fresquiño. Así que hoxe propóñovos un pouco de exercicio física para activarnos e empezar con enerxía, con boas vibracións e con ganas de facer cousas.
¡Pois veña, a moverse!
E si preferides facer exercicio pero cun pouco máis de ritmo, podedes bailar con este outro vídeo tan animado.
Hoxe é 29 de abril: o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA. Así que non hai máis remedio. ¡Hoxe toca bailar, bailar e bailar!.
Cada ano, con motivo desta celebración, un personaxe relevante do ámbito da danza fai un comunicado, un manifesto explicando a importancia da danza, o valor que ten nas nosas vidas, a relevancia da danza como medio transmisor de emocións, de cultura e de irmandade entre as persoas.
Este ano, o manifesto correu a cargo de Gregory Vuyani Maqoma, un bailarín sudafricano que entre outras cousas di:
" A danza é liberdade"
"Todo o que precisamos e só bailar ¡un pouco máis! "
Maya Angelou dixo outra cousa ben fermosa e profunda sobre a danza: "Todo no universo ten ritmo. Todo baila"
No ano 2015, o Manifesto do Día da Danza fíxoo o bailarín español Israel Galván e dixo algo moi similar ao expresado por Maya Angelou:
" É que vexo a xente movéndose ao camiñar pola rúa, cando pide un taxi, movéndose á súa maneira, co seu estilo.¡Todos están bailando! ¡Non o saben pero todos están bailando! Gustaríame berrarlles: ¡hai xente que aínda non o sabe!, ¡Todos estamos bailando!"
Así que esa a mensaxe de hoxe: necesitamos bailar, é importante bailar ao noso estilo, sin complexos, sentindo a música, expresándonos con liberdade. mostrándonos como somos, cada un diferente e cada un único.
¡DISFRUTADE DO DÍA DA DANZA!
E agora é o momento de ver o vídeo que elaboramos algúns alumnos/as do cole, algunhas mamás e algunhas profes para celebrar este día tan bonito, aínda que sigamos confinados. ¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS OS QUE VOS ANIMÁSTEDES A PARTICIPAR! Foi un pracer elaborar esta montaxe e a miña pretensión é só que o pasedes ben véndoa e que vos entren moitas ganas de bailar.
Creo que sobra dicir que todos os nenos e nenas están espectaculares, ¿ou non?
E agora tamén vos deixo dúas curtametraxes ben bonitas relacionadas co tema do día: a primeira é unha historia emotiva, profunda, chea de valores e ensinanzas titulada "Tamara" sobre unha nena sorda que quere ser bailarina. E a segunda é unha historia creada a partir da composición "Rhapsody in blue" de George Gershwin.
Pois aquí vos deixo un conto ben bonito para un martes como hoxe. ¡Disfrutade do relato! E despois a ver que vos apetece facer...
Ben, tras coñecer Marespuma, podedes viaxar por outras cidades erixidas sobre a auga...
VENECIA
AMSTERDAM
GIETHOORN
BRUJAS
HAMBURGO
ESTOCOLMO
Pero aínda hai máis. ¿Atopáchedes vos algunha por China, ou por Rusia, ou por Australia, quizá?
E que opinades das palabras que saen no conto? ¿eran todas coñecidas para vos, ou novas? ¿gustáronvos? ¿pensades que é interesante empregar palabras diferentes ás habituais cando falamos?
Aínda que xa pasou o Día do Libro, imaxinaredes que o que vou dicir é que cada día do ano ten que ser o día do libro, cada día temos que disfrutar lendo, temos que sentir e emocionarnos lendo, temos que aprender lendo, temos que viaxar lendo, temos que soñar lendo...
Hoxe teño un conto ben bonito para contarvos e para propoñervos algunhas cousiñas pero iso será dentro dun pouco. Agora imos poñer as solucións das portadas dos contos que me chegaaron e que están super ben feitas.
Grazas a todos os que vos animástedes a recrear unha portada dun conto. Encantáronme todas! Realmente me costaría decidirme por unha en particular e se, polo menos, botástedes unhas risas como fixen eu facendo de mosca chosca, entón xa considero que foi un éxito total.
Aproveito esta entrada para compartir convosco dous traballiños que me mandan Valentina (de 4 anos) e Carlota (de 5 anos A). Mirade que chuladas! Valentina estivo traballando o OP-ART de Vasarely facendo a súa man en 3D. Xenial!
E Carlota fixo o seu propio círculo cromático pero dun xeito moi práctico, deixando que as cores primarias se vaian mesturando elas mesmas pouco a pouco empregando vasiños con auga, colorante e papel de cociña por exemplo. Este experimentoé moi interesante porque non so se comproba que mesturando as cores primarias obtemos as secundarias, senón porque podedes comprobar o fenómemeno da capilaridade, é decir que a auga "ascende" empregando o papel como "camiño" para chegar ao outro vaso. ¡Noraboa Carlota!
Buscando un personaxe interesante para poñer no noso recuncho de "Personaxe do día" atopei que un 27 de abril de 1891 naceu o compositor, pianista e director de orquesta Serguei Prokofiev. Púxenme toda contenta e dixen: ¡que ben, hoxe celebramos o aniversario do creador da magnífica obra musical "Pedro e o lobo"!
Porque a min encántame Pedro e o lobo e sempre procuro empregar esta fermosa historia coa súa emocionante música nas miñas clases. Eu teño unha preciosa versión en cómic deste relato debuxado por Miguelanxo Prado que é realmente bonita. En fin, o que pasou a continuación é que púxenme a ler cousiñas de Prokofiev e atopei que en realidade naceu un 23 de abril. O caso é que agora xa pasou o 23 de abril, que por certo foi o Día do Libro. Pero non pasa nada, recordámolo hoxe que seguro que por uns días non se enfada con nos. O importante é disfrutar coa súa música. Así que na columna da dereita podedes clicar no "Personaxe do día" e accederedes á narración musical de Pedro e o lobo.
E agora vou preparar o vídeo do conto para poñer xa canto antes no blog e o poidades disfrutar (como disfrutei eu léndoo)...
Pois aquí estamos de novo cun montón de portadas realmente ben recreadas, tremendamente divertidas e moi variadas. Teño que recoñecer que me encantaron todas e que as recoñecín case na súa totalidade (aínda que en dúas ou tres tiven que pedir axuda). Teño que felicitar a todos os participantes pola orixinalidade,pola creatividade, polo bo humor, polas ganas de facer cousas e compartilas cos demáis... ¡estou encantada!
A continuación aparecen todas as portadas que me chegaron. Por suposto non vou poñer de que conto se trata porque quero que xoguedes a adiviñalo, pero xa porei as solucións noutra entrada para que comprobedes (no caso dos contos que non coñezades) o ben recreadas que están todas as portadas)
¡Parabéns a Icía, Enzo, Rosalía, Noa S., Cristina, Paula, Alba, profe Ana, profe María, Noa P., Lois, Carlota, Adela, Alberto, Olivia e Carmen! Un traballo espectacular! Fantásticas recreaciónsde portadas!!!!!!