Hoxe é un día moi importante porque é o aniversario do xenial artista LEONARDO DA VINCI, que foi nada máis e nada menos que pintor, escultor, anatomista, arquitecto, paleontólogo, botánico, escritor, filósofo, enxeñeiro, inventor, músico, poeta e urbanista. Casi nada, verdade? Un auténtico home do Renacemento, un home interesado por aprender cousas novas, por investigar, por mellorar ás súas técnicas pero tamén por mellorar o mundo no que vivía, sensible, reflexivo, apaixonado...
Todos coñecemos a icónica Mona Lisa, tamén chamada a Gioconda pero fixo moitísimas cousas máis...
Si queredes aprender un pouquiño máis sobre Leonardo, podedes ver estes vídeos (ou calqueira outro que podedes atopar en internet porque, por sorte, hai moitos materiais interesantes para coñecer a Leonardo da Vinci). Disfrutade!
Moi interesante este Da Vinci...dounos para toda a mañan de entretenemento🤩
ResponderEliminarPois paréceme moi, moi ben! Así me gusta, paréceme unha boa maneira de pasar unha mañán de mércores. Seguro que Da Vinci está encantado vendo que hai por Padrón dúas nenas aprendendo cousas sobre él. A ver se nos contaxia a todos a súa curiosidade e interese por investigar. Un bico!👏👏👏
Eliminar