jueves, 16 de abril de 2020

CHARLOT

       E hoxe temos outro aniversario importante, o do actor cómico Charles Chaplin, coñecido no mundo enteiro como CHARLOT. Pero Chaplin non foi só un cómico que nos fixo e fai rir cada vez que o vemos, foi tamén escritor, editor, guionista, productor, director, compositor... 
      Aquí vos deixo unha escea xenial da película "Tempos modernos", unha das súas obras maxistrais. E a continuación uns ebuxos animados para achegarse un pouquiño a este personaxe tan carismático pero desde unha óptica máis contemporánea (quizá para os nenos e nenas que non coñecían a Charlot pode ser unha maneira de interesarse por él e polo cine mudo, algo que resultará estraño para eles/as seguramente)



   E Chaplin dixo moitas cousas sobre as que podemos reflexionar nestes días. Aquí vos deixo algunhas das súas frases. Elexide a vosa favorita. Podedes facer un mural, cun debuxo de Charlot e a frase que máis vos gustou, ou grabar un video imitando a súa maneira tan característica de camiñar, ou mesmo elaborar unha pequena historia de cine mudo, en blanco e negro claro....A ver que vos inspira Charlot.
  • Nunca te esquezas de sorrir.Un día sin rir é un día perdido.
  • A vida é unha obra de teatro que no permite ensaios; por iso canta, ríe, baila, chora e vive intensamente cada momento da túa vida... antes de que o telón baixe e a obra acabe sin aplausos.
  • A felicidade... ¿existe? ¿dónde? Cando era neno queixábame a meu pai porque non tiña xoguetes e el respondíame sinalándose a frente co dedo índice: Este é o mellor xoguete que se creou. Todo está aquí. Aí está o segredo da nosa felicidade.
  • Rite e o mundo reirá contigo. Chora, e o mundo darache a espalda e deixarache chorar.
  • A vida é marabillosa se non se lle ten medo.
  • Sin non temos confianza en nós mesmos, estamos condenados ao fracaso.
  • Preocúpate máis pola túa conciencia que pola túa reputación; porque o primeiro é o que eres, e o segundo é o que os demais cren que eres.




2 comentarios:

  1. You dacordo con toda las frases🤔🤔🤔a ver Pol cal nós decantamos!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguramente para ser un bó humorits hau que ter unha comprensión da visa máis profunda do que pensamos ás veces. Chaplin, sin duda era intelixente, irónico, crítico, probablemente mordaz en certos casos, pero a súa figura e o seu pensameto deixou unha pegada na nosa cultura. Así que hoxe podemos homenaxealo. Grazas Clemen por visitar o blog e estar sempre tan disposta a traballar cousiñas na casa.

      Eliminar

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...