jueves, 9 de abril de 2020

DÚAS PROPOSTAS ARTÍSTICAS

    Hoxe é o aniversario do xenial pintor Viktor Vasarely, que naceu en Hungría un 9 de abril, en 1906. Foi o creador do Op-Art (arte  óptico), realizando pinturas que xogan cos efectos ópticos, que parece que se proxectan cara o exterior ou mesmo se ondulan ou expanden cara os lados.
Buy Victor Vasarely - PapillonRetrospectiva de Victor Vasarely en París | All City Canvas
Vega III - Victor Vasarely - Historia Arte (HA!)El buen ojo de Vasarely | El Correo
    E aquí vai a miña primeira proposta artística. Se queredes xogar a pintar como Vasarely, provocando unha ilusión óptica, podedes facelo de xeito moi sinxelo. Por exemplo, poñede a vosa man nun papel branco e trazade o contorno cun lápiz (non presionedes moi forte porque ao final imos borrar ese trazo). Despois tedes que facer líneas paralelas (podedes empregar unha soa cor ou moitas) pero so por fóra do contorno da man, deixade o interior do debuxo sen líneas... Tede coidado en continuar as líneas rectas tamén nos espacios entre dedo e dedo.


   Cando rematedes de facer as líneas rectas e paralelas, toca encher o interior do debuxo pero nesta ocasión hai que facer líneas curvas, eso si respectando as cores que empregástedes antes, e iniciando e rematando esas curvas no contorno da man xusto no lugar onde remataba ou empezaba unha línea horizontal.



   Tede paciencia para facendo curviñas en cada un dos dedos da man. Canto máis curva é a línea, máis volúmen vai parecer que ten a man ao final. ¿Notades como vai parecendo que a man sobresae do papel?


   Cando xa estén rematadas todas as líneas curvas, só queda borrar o contorno de lápiz que fixemos ao principio e ¡agora xa tedes a vosa man proxectándose fóra do papel!
  Podedes probar esta técnica outros debuxos: círculos, corazóns, letras, números... Probade co que vos apetezca a ver que sae.



  
A segunda proposta artística é para máis adiante. O día 29 de abril é o Día Internacional da Danza.
Ver las imágenes de origen
    Estaba eu pensando en facer un vídeo no que todos os nenos e nenas, mamás e papás ou profes que visitades este blog, estedes bailando.Todos os que teñades ganas de bailar e  disfrutedes facéndoo podedes mandarme ao meu email (profetetedeinfantil@gmailcom)  un vídeo cortiño (chegan 15 ou 20 segundos) no que se vos vexa bailar como vos queirades, ao voso gusto, con liberdade e moita alegría. Despois eu farei unha  montaxe con todos os vídeos para celebrar ese día 29 de abril a importancia que a danza ten nas nosas vidas.
   Así que resumindo:

  • vídeos cortiños (uns 15 segundos) no que se vos vexa bailar.
  • poden participar os nenos de infantil do cole pero tamén os demáis membros da familia que estén a pasar o confinamento xuntos (irmáns, pais, avós...)
  • poden participar os profes do cole
  • podedes mandar as gravacións ao meu correo electrónico.
  • data límite: 18 de abril.
    Como todas as miñas propostas é voluntario participar, trátase de disfrutar, de pasalo ben, de formar parte dun equipo, de celebrar xuntos as cousas bonita da vida... pero non é unha tarefa obligatoria para ninguén. Eu estarei encantada de recibir moitos vídeos e tratarei de facer unha montaxe divertida. ¡A ver o que pasa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...