miércoles, 30 de marzo de 2022

DÁMOSLLE A VOLTA A UNHA NOTICIA

       Para conmemorar a Semana da Prensa, participamos nunha actividade que se plantexou no cole e que consiste en "refacer" unha noticia publicada nalgún periódico. Sabemos que ultimamente as noticias que stamos lendo nos xornais, ou escoitando nos outros medio de comunicación de masas, non son especialmente positivas ou gratificantes. Así que a nosa misión foi transformar unha noticia negativa para convertila nunha nova positiva que todos quixéramos que fora a que aparecera publicada.

       Como consecuencia da invasión de Ucraína, moitas familias e, consecuentemente, moitos nenas e neas tiveron que abandonar ese país para fuxir da guerra. Agora teñen que instalarse en países diferentes, sin coñecer a súa lingua en moitos casos, sin identificarse coas súas mostras culturais, sin ter a súa casa, roups, libros ou xoguetes, sin estar con parte da súa familia e amigos... A verdade é que a situación non é nada envidiable, moitos nenos/as sufren traumas, teñen medo e ansiedade a causa  do que lles tocou vivir. Pois ben, nos collemos esa noticia sobre os nenos e nenas que van chegando ao noso país fuxindo do conflicto armado e transformamos esa información real nunha viaxe cultural, de intercambio, de aprendizaxe, de comunicación e de transmisión musical. ¡Canto nos gustaría que todas as viaxes foran orixinadas pola liberdade e a cultura e non pola guerra e o medo!






        Aproveitando a noticia, investigamos un pouco sobre a música tradicionalde Ucraína e coñecemos o Hopak e mesmo o estivemos vendo nun vídeo de youtube. Así na Semana da Prensa seguimos traballando cousiñas do proxecto Musiqueando, e seguimos traballando a lecto-escritura, a creatividade, o traballo en equipo e ata xeografía.

sábado, 26 de marzo de 2022

RETOS, UN CONTO DOS BOLECHAS, SILENCIO POLA PAZ E IOGA

     Levaba xa unha temporadiña sin poñer no blog os últimos retos que fixemos na aula. En concreto penso que quedaban tres sin compartir:

    1.- ¿Cales son as diferencias entre o corpo dun home e o dunha muller?

     Esta pregunta xurdeu porque estivemos observando unha pequena estatua africana de madeira e os nenos e nenas non sabían dicirme si representaba a un home ou a unha muller, co cal resultaba procedente analizar detalles que nos levaran a concluir o que era. Por suposto, eu non tiña dúbida de que sabían perfectamente as diferencias anatómicas entre homes e mulleres pero como non se animaban a verbalizalas pensei que estaría ben que lles dera ese tempo para falalo en casa e traer as súas respostas coa mesma naturalidade que traen outro tipo de retos. Teño que dicir que algunhas pementeiras/os trouxeron unhas explicacións moi completas. ¡Xenial! Parabéns para Jimena, Hugo, Rosalía, Gala, Vera e Aarón.



      2.- ¿Que famosa cantante , que temos no noso panel, naceu un 12 de marzo?

     O venres 11 de marzo falando de música, como é tan habitual na Pementeira, díxenlles aos nenos/as que o sábado estaba de cumpleanos unha famosísima cantante que ademais forma parte do grupo de artistas do noso panel, co que pasamos lista cada día. Clara Torreira, Teo e Aarón averiguaron que se trataba da xenial Liza Minelli. Sí que aproveitamos para vela e escoitala nun número musical da fantástica película "Cabaret" e tamén cantando a archicoñecida canción "New York".
                                      

    3.- ¿Cal é a montaña máis alta de África? 

    Kirikú é un relato que sempre triunfa entre nenos/as e adultos tamén, hai que dicilo. Con este pequeno neno africano aprendemos un montón de cousas. Aprendemos a palabra FETICHE e comprendemos o seu significado, coñecemos unha árbore que se chama FLAMBOYÁN. Coñecemos unha nova cor, o azul ÍNDIGO ... e fala que fala de África, era o momento de investigar cal é o monte que alcanza maior altura nese continente. Mauro, Hugo, Mateo, Jimena, Carmen López e Rosalía averiguaron que o Monte Kilimanjaro é o de maior altitude en África. ¡Parabéns investigadoras e investigadores!


Nesta semana tivemos moitas actividades diferentes, como xa é habitual na Pementeira, claro, pero coa novedade de que recibimos unha visita desde o CIM Terras de Iria. Vanessa veu ao cole para contarnos un conto moi interesante dos Bolechas e falarnos un pouquiño de mulleres, resaltar a súa presencia na sociedade e o seu valor desempeñando todo tipo de actividades e profesións que, durante moito tempo, estiveron vetadas para elas.



     Vanessa contounos o conto "Os bolechas visitan o CIM Terras de Iria" e resulta que tiña sorpresa xa que "bolechizaron" ás traballadoras do CIM e tamén "bolechizaron" aos nenos e nenas de Padrón que agora aparecen nas ilustracións do conto. Algúns xa se atoparon. 













     Tamén vimos un bonito vídeo sobre mulleres da comarca de todas as idades e  que desempeñan diferentes profesións. A maioría de vos seguro que xa coñecedes o vídeo pero compártoo aquí por si alguén aínda non tivo oportunidade de velo. E, finalmente, Vanessa regaloulle a cada neno/a un exemplar do conto dos Bolechas (e outro para a Biblioteca de aula). ¡Grazas Vanessa, pola visita, polas explicacións, polo conto e pola túa amabilidade!










 

     O venres adicamos un minuto de silencio a todas as víctimas do conflicto que se está a vivir en Ucrania tras a invasión rusa. Un minuto para transmitir, desde o profundo dos corazóns, a nosa comprensión e solidaridade para todas as persoas que se ven envoltas nunha guerra e perden a vida, a familia, as súas posesións, a súa liberdade... Este silencio quere constatar o noso rexeitamento á todas as guerras e conflictos armados que teñen lugar neste momento no mundo.
   










   E xa para rematar aquí vos deixo as dúas últimas sesións de ioga. Traballamos diferentes asanas como por exemplo as tres posiicóns dos guerreiros. Virabhadrasana 1, 2 e 3, e tamén Bujanghasana e Ustrasana (e tamén contamos as historias que explican estas asanas)






                                        























































KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...