miércoles, 31 de mayo de 2023

CONTACONTOS CON MENSAXE

   Hoxe asistimos a un contacontos, organizado polo CIM Terras de Iria, no Auditorio de Padrón. Despois de realizar un corto traxecto en bus, que sempre é algo estupendo, ocupamos os nosos postos nas butacas vermellas e disfrutamos de tres historias divertidas e que, ademais, nos fixeron pensar sobre o importante que é respectar as diferencias, valorar as características que nos fan únicos, e tratar de comprender as situacións que poden estar vivindo outras persoas nas que nós podemos axudar e intervir partindo da comprensión e o respecto. Así coñecemos a un neno que quería bailar e levar camisetas rosas ou unha nena que non quería ser unha princesa boba e prefería lograr as cousas por si mesma en lugar de esperar a que un príncipe a salvara. 












































































































Como vedes, estiveron ben atentos, escoitaron as historias e ata bailaron un pouquiño, e de remate da actividade regaláronlles unha pulseira.


ACTIVIDADES NA HORTA ESCOLAR

  Mans que sementan, futuro que florece.     Coa chegada da primavera sempre  apetece disfrutar das actividades ao aire libre. Como cada a...