lunes, 8 de mayo de 2023

EMPEZAMOS A SEMANA DE FORMA MOI SANA

    Hoxe luns, iniciamos unha nova semana procurando manter as boas costumes. sesión de ioga procurando estirar moito os nosos músculos, buscando a calma e a concentración (que costan un pouquiño máis) e logrando posicións cada vez mellores.

    Costa un pouquiño ter paciencia para colocar ben os pes, ou as mans, para ir facendo paso a paso cada posición, pero cando conseguimos centrarnos imos notando avances. De paso practicamos tamén tarefas de autonomía personal como descalzarnos e calzarnos (que aínda costa un pouquiño de traballo).



















 E hoxe Sara trouxo un conto que a ela lle gusta moito e que quería compartir cos seus compañeiros e compañeiras: "De que cor é un bico?" Estaba moi contenta e a min paréceme xenial que lles gusten os contos e que os traian ao cole con tanta emoción, porque COMPARTIR historias é xenial!
    E hoxe a afortunada que quiso levar a casa o libro de rimas viaxeiro foi Antía, que levantou a man a toda velocidade e como, ademais, se comportou moi ben toda a mañán, pois merecía que lle concedera ese desexo. Espero que o disfruten moito en familia! A ver quen o quere levar mañán e quen se esforza en ganalo!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

UN CONCERTO MOI ESPECIAL

        A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...