O noso Proxecto Egeria lévanos a facer marabillosas viaxes polo mundo real e polo mundo imaxinario dos fantásticos relatos que os máis importantes escritores nos deixaron para disfrutalas sexamos nenos/as ou adultos/as. Esta semana estivemos percorrendo o Mediterráneo subidos ao barco do intrépido Ulises que, unha vez finalizada a Guerra de Troia, navegou e navegou, salvando numerosos obstáculos, para chegar á súa casa en Ítaca e reunirse con Penélope e Telémaco. Nin que dicir ten que o pasamos moi ben coa lectura, imaxinándonos na cova de Polifemo, na illa de Calypso ou intentando escapar de Escila e Caribdis. e unha cousa moi curiosa que descubriron os peques é que as sereas realmente eran mulleres con corpo de ave (e non de peixe). Ulises é un dos novos personaxes favoritos da Pementeira. Espero que algún día, non dentro de moito tempo, estes nenos e nenas se animen a ler A Odisea e recorden estes momentos en infantil.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
viernes, 26 de mayo de 2023
ULISES, DÍA DE ÁFRICA E PASAPORTE LECTOR
E agora no noso corredor xa temos a Ulises navegando no seu barco e a Polifemo e Escila intentando que o valente Ulises non chegue a Ítaca.
O xoves 25 de maio conmemoramos o Día de África lendo contos, cantando cancións e descubrindo algunhas curiosidades sobre este asombroso continente que, seguro que xa o sabedes, é o lugar do mundo que máis lle interesa á profe Teté.
Falando das cores que ten África, estivemos vendo un lago en Senegal que ten un auga moi peculiar. Os nenos e nenas pensaban que a auga é azul pero de xeito moi sinxelo comprobaron que, realmente, a auga é incolora.
Pois mirade de que cor é o Lago Retba de Senegal...
A causa de que a auga dese lago sexa rosada, é un alga chamada Dunaliella Salina. Cando eu visitei este lugar tan peculiar, explicáronme que para poder ver a auga rosa é necesario que se den varias circunstancias: estar na estación seca, que faga sol e que haxa un pouco de vento. Eu non tiven a sorte de veño tan rosa como se aprecia na foto pero sí que se percibía un certo tono rosado, sobre todo ao coller un pouco de auga nun bote de cristal. Como nos no cole non temos a Dunaliella Salina, fabricamos con pintura a nosa propia auga rosada.
E seguindo coas cores de África, tamén estivemos vendo como as mulleres da tribu Ndebele, de Sudáfrica e Zimbawe, decoran as súas casas con vivas cores que lle dan un aspecto ben alegre e artístico.
E hoxe venres, os pementeiros e pementeiras de novo tiveron oportunidade de escoller un libro para facer o seu Pasaporte Lector. Espero que o disfruten moito! Bo fin de semana!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
UN CONCERTO MOI ESPECIAL
A verdade é que, ultimamente, estamos moi entretidos no cole xa que hai diferentes actividades que nos van sorprendendo de cando en ...
-
O tempo pasa voando, iso é máis que evidente. Rematou o Nadal e inos como foguetes cara o Entroido. Hoxe os nenos e nenas xa levaron par...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario