O martes tivemos unha mañán moi musical xa que asistimos a un concerto de "Mamá Cabra", en vivo e en riguroso directo, na Fundación Camilo José Cela. Moitas cancións en galego que nos fixeron disfrutar, cantar xuntos, bailar, imitar os sons dos animais, facer xestos divertidos, poñer en práctica o noso sentido do ritmo... Ademais aproveitamos para celebrar o Día das Letras Galegas con estas xeniais cancións en galego. En fin, que o pasamos moi ben todos e todas os nenos e nenas de educación infantil. ¡É xenial escoitar música e, sobre todo, poder vivila en directo, en exclusiva para nós!
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!
Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Clea está sempre acompañándonos na Pementeira. Así que como nos parece unha porquiña moi simpática, decimos pintala e así seguimos pract...
No hay comentarios:
Publicar un comentario