O luns, como é habitual tivemos a nosa sesión semanal de ioga. Aínda que ás veces hai unha pouca preguiza para estirar músculos, facer forza nas pernas e nos brazos ou tratar de manter o equilibrio, o que é moi evidente é que os pementeiros e pementeiras están mellorando no seu control corporal global, na alineación das partes do corpo e, o que máis me interesa, no interese de facer as cousas mellor. Van saíndo asanas cada vez máis precisas e encántame ver como se van esforzando e acadan esas melloras. e a eles/as encántalles que eu os felicite e que lle saque a foto para poñer no blog, claro.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 24 de mayo de 2023
SESIÓN DE IOGA, O TITANIC, O ORIENT EXPRESS E MOITAS COUSAS MÁIS
Ademais de traballar o corpo, traballamos a mente. Dentro do noso Proxecto Egeria estivemos coñecendo dous exemplos de medios de transporte mundialmente coñecidos: o Titanic e o Oriente Express. Probablemente sexan o trnsatlántico e o tren máis famosos da Historia, protagonistas de viaxes que deron orixe a relatos emocionantes, a películas oscarizadas e ata a investigacións profundas. Non creo que teña que aclarar que a historia do afundimento do Titanic despois de cgocar contra un iceberg deixou aos pementeiros e pementeiras abraiados e, a partir de aí, o Titanic aparece en debuxos, en conversas, xogando coas contrucións e en calqueira momento de xeito inesperado (algúns van comunicando ás mestras que veñen pola aula o que lle ocorreu ao Titanic por se non teñen coñecemento do feito).


E entre traballo e traballo, hai tempo de facer as diferentes rutinas de cada día, facer picnics, xogar, ler, investigar e, en definitiva, pasalo ben!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O ANIVERSARIO DE NOEL
Iniciamos un mes novo, o mes de xuño, e celebramos o aniversario do pementeiro Noel. Hai que ver qué rápido pasou o curso. Xa nos queda ...
-
A semana pasada xa vos comentei que estabamos avanzando co Proxecto Egeria. Xa sabemos que Egeria foi unha muller que viviu fai moitos ...
-
Hoxe tivemos un día fantástico na Pementeira. Parece que xa estamos abandonando os dramas do mandilón, cada día hai máis nenos e nenas q...
-
O venres rematamos o Período de Adaptación e, polo tanto, o luns a asistencia ao cole xa é con horario completo, todo o grupo xunto, e c...
Canto aprenden estes pementeir@s, Leo cada vez conta máis cousas na casa, esta semana falounos el do Titanic. 😀😀
ResponderEliminarE que a historia do Titanic deixounos impresionados! E Leo agora xa cada vez que falo calqueira cousa dun barco xa salta como unha chispa para dicir que chocou cun iceberg. Non sei se algunha outra cousa que lles contei lles quedará tan gravada. Seguro que non!
Eliminar