domingo, 31 de enero de 2021

DÍA DA PAZ 1

        O sábado 30 xaneiro conmemoramos o Día escolar da Paz e non violencia. No cole adicamos varios días a traballar este tema con contos, cancións, murales, reflexións, conversas, frases de personalidades importantes e ata a representación dun conto (con todos os nenos e nenas de educación infantil) que fala do ridículas que son moitas discusións, o que costa poñerse no punto de vista dos outros e o fácil que é provocar unha guerra. Mañán todas as mestras de infantil faremos a estrea oficial do conto e xa o compartiremos convosco.

    Hoxe déixovos un vídeo con imaxes que resume un pouquiño a actividade destes últimos días. 


























miércoles, 27 de enero de 2021

O CUMPLE DE DAVID

         Hoxe tivemos un día bastante especial xa que celebramos o primeiro cumple do ano 2021. David cumple hoxe nada máis e nada menos que 6 anos. Está feito un mozo. Así que como ben sendo habitual, o protagonista do día coa súa coroa apagou a candea, escoitou a canción de "cumpleanos feliz" e recibiu dos compañeiros esa chuvia de palabras e frases bonitas que lle adicaron no círculo dos eloxios.

      Cando íamos comezar a celebración, dinme conta que non tiñamos unha candea co número 6,  e obviamente a que estabamos a utilizar do número 5 agora xa está anticuada completamente. Entón Pablo Olivera, propuso que fixéramos unha candea do número 6 con plastilina. ¡Boa idea!. A candea non a podo facer pero o número 6 sí, e despois so tiña que colocarlle outra candea normal e  corriente para poder prendela. Así que gracias a esa idea, ¡problema solucionado nun pispás!





   No círculo dos eloxios, os compañeiros/as dixéronlle a David cousas como:
  Me gusta como dibujas.
  Me gusta como haces yoga.
  Me gusta como te comportas.
  Eres mi mejor amigo.
  Me gusta como bailas.
  Me gusta como escribes.
















   David estaba moi contento, moi orgulloso, penso que un pouquiño nervioso tamén pero emocionado escoitando as cousas que lle dicíamos (dando as grazas a todos) e espero que siga cumplindo moitos anos con esta emoción de hoxe.


lunes, 25 de enero de 2021

A MELLOR SOPA DO MUNDO

      Hoxe tivemos un bo día no cole. Empezamos xa a desenvolver a actividade que intentaremos presentar o Día da Paz. É unha actividade moi chula e o que fixemos hoxe quedou moi ben por iso estou moi contenta pero non vou contar nada máis. Teredes que esperar uns dias. Mañán continuaremos e espero que todo saia tan ben como hoxe. Estou moi orgullosa de todos os nenos/as que participaron e seguro que mañán haberá máis colaboradores e disfutaremos igualmente.

     Como seguimos traballando sobre a paz, hoxe escribimos unha frase de Nelson Mandela e tamén contamos un bonito conto moi relacionado co tema do noso proxecto, pois fala da importancia de estar xuntos, de compartir momentos, de levarnos ben, de rir, de facer cousas en equipo... E como hai algúns nenos/as que levan uns días sin vir ao cole, fixen unha grabación un pouco apresurada deste conto por si alguén o quere ver e escoitar na casa.



    Erik Vázquez que faltou ao cole quiso enviarme un debuxo que fixo na casa sobre a Paz e como lle quedou moi ben pois quero compartilo convosco. Encántame que os peques pasen tempo debuxando e pintando.
E Valentina fíxonos algunas suxerencias sobre libros que falan da paz, ou de valores relacionados con ela. ¡Xenial! E o mellor é ver como disfruta cos libros. Algúns destes están pola aula. ¡GRAZAS!


domingo, 24 de enero de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA PAZ

        Na Pementeira seguimos falando sobre a PAZ e coñecendo a moitas persoas que traballaron pola paz, que dixeron frases cheas de contido que nos fan reflexionar sobre a PAZ, que recibiron premios ou adicaron a súa vida a mellorar a vida dos demáis... Algunhas delas xa as coñecíamos polo proxecto Ubuntu. Outras ímolas coñecendo estes días. O importante é comprobar que moita xente ten un profundo sentemento de  compromiso coa xustiza, a igualdade, a paz, a bondade, o ben común... e nós queremos contaxiarnos dese espíritu de colaboración e de loita pacífica. Eu estou lendo moitos contos que falan de todo isto a ver si, tamén na clase, imos logrando comportarnos ben cos compañeiros/as e as profes. 

      O xoves e o venres falamos sobre a Nai Teresa de Calcuta, que adicou a súa vida aos pobres, enfermos e indefensos da India e que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1979, e Gandhi que loitou de maneira pacífica pola independencia da India e que xa coñecemos grazas ao proxecto e a presentación realizada por Julia.

































  Tamén seguimos facendo ioga, aínda que non puxen as fotos das dúas últimas sesións. Así que aquí van. Como volveron das vacacións de Nadal con moitísima enerxía, antes de realizar as asanas de ioga, adicamos uns minutos a mover o esquelete co Hoky-Poky e o Baile das estatuas, así movémonos un pouco, botamos unas risas, liberamos tensións e despois xa nos concentramos no noso corpo, procuramos controlar o exceso de movemento e intentamos estirar todos os músculos.




































    E agora, a ver se conseguimos, durante esta semana que está piques de empezar, estra todos un pouquiño máis tranquilos porque temos previsto facer unha actividade moi bonita para o Día da Paz e necesitamos calma, paciencia, concentración, ganas de colaborar, interese por traballar en equipo... ¡A ver si o conseguimos! Ey sei que podemos facelo e que o imos disfrutar moito. Así que, mañán empezamos a semana con ganas e con ilusión.


FIN DE TRIMESTRE. CHEGOU A PASCUA!

    Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...