Na Pementeira seguimos falando sobre a PAZ e coñecendo a moitas persoas que traballaron pola paz, que dixeron frases cheas de contido que nos fan reflexionar sobre a PAZ, que recibiron premios ou adicaron a súa vida a mellorar a vida dos demáis... Algunhas delas xa as coñecíamos polo proxecto Ubuntu. Outras ímolas coñecendo estes días. O importante é comprobar que moita xente ten un profundo sentemento de compromiso coa xustiza, a igualdade, a paz, a bondade, o ben común... e nós queremos contaxiarnos dese espíritu de colaboración e de loita pacífica. Eu estou lendo moitos contos que falan de todo isto a ver si, tamén na clase, imos logrando comportarnos ben cos compañeiros/as e as profes.
O xoves e o venres falamos sobre a Nai Teresa de Calcuta, que adicou a súa vida aos pobres, enfermos e indefensos da India e que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1979, e Gandhi que loitou de maneira pacífica pola independencia da India e que xa coñecemos grazas ao proxecto e a presentación realizada por Julia.
Cómo echaba de manos ver a los yoguis!! y esperemos que sigan motivándose con tantas frases y personalidades, tan pacíficas como revolucionarias en sus propósitos...
ResponderEliminar