O sábado 30 xaneiro conmemoramos o Día escolar da Paz e non violencia. No cole adicamos varios días a traballar este tema con contos, cancións, murales, reflexións, conversas, frases de personalidades importantes e ata a representación dun conto (con todos os nenos e nenas de educación infantil) que fala do ridículas que son moitas discusións, o que costa poñerse no punto de vista dos outros e o fácil que é provocar unha guerra. Mañán todas as mestras de infantil faremos a estrea oficial do conto e xa o compartiremos convosco.
Hoxe déixovos un vídeo con imaxes que resume un pouquiño a actividade destes últimos días.
Qué bonita frase para motivar os pementeiros e pementeiras! E a verdade é que as ás quedaron preciosas!
ResponderEliminarpreciosas las alas!!!!!! me encantan y la frase es de 10!!!
ResponderEliminar