E chegou xaneiro, chegou o frío e volvemos ao cole con moitas cousas que contar, e con ilusión aínda que costara un pouquiño de traballo madrugar. Pero para os pementeiros e pementeiras que viñeron ao cole foi un día estupendo porque recibiron unha sorpresa. Resulta que os Reis Magos deixaron na Pementeira uns agasallos en unha carta. ¡Mirade, mirade!
O primeiro agasallo que decidiron abrir foi este... Realmente ten moi boa pinta...
Despois abrimos os outros dous, que xa todos tiñan moi claro que eran libros... E non nos decepcionaron a verdade!
E xa lemos un dos libros que nos gustou moito, pero sin dúbida o mellor foi estrear o xogo de construcción novo que resultou ser espectacular. O que temos que intentar agora é practicar o traballo en equipo (que aínda costa un pouquiño) e aprender a recoller os xoguetes con coidado, orden e paciencia. Os Reis Magos son moi sabios e penso que xa nos taren estas cousas para ver o importante que é organizarse, colaborar, ser paciente e disfrutar todos xuntos...
¡FELIZ 2021 A TODOS/AS!
COMENZA UN NOVO TRIMESTRE QUE ESPERAMOS SEXA INTERESANTE, PRODUCTIVO E DIVERTIDO. IMOS ALÁ!
ánimo con este trimestre!!! Valentina vino emocionada el viernes... dijo que había sido un día estupendo, no contaban con que hubieran ido los Reyes y le encantaron los regalos. Así que fue un comienzo estupendo!
ResponderEliminar