martes, 3 de noviembre de 2026

O ANIVERSARIO DE LUCAS

    Empezamos o mes de novembro cun aniversario. Hoxe tocoulle o turno ao pementeiro Lucas que agora xa é un mozo de 4 anos. Como facemos habitualmente, o primeiro paso do ritual foi apagar as candeas, a continuación chega o momento musical coa canción do cumpleanos feliz e, xa para finalizar, toca repartir as galletas e disfrutalas todos e todas xuntas.


























                                     

PARABÉNS, LUCAS!

domingo, 1 de noviembre de 2026

SAMAÍN E CASTAÑAZOFEST 2026

    E chegou o día de celebrar o magosto e o Samaín. Como cada ano, nada máis abrir as portas do cole, todo tipo de criaturas misteriosas e arrepiantes invadiron as aulas e corredores e chegaron ata o patio metendo medo e inspirando desconfianza. Eu non sei de onde sairon tantos esqueletes, vampiros, morcegos, piratas, demos, bruxas, cabazas... o caso é que  a zona de infantil e despois todo o cole se convertiron no refuxio de personaxes que nos contaxiaron un certo desacougo e tamén nos fixeron rir.
























   Tras este berro arrepiante, o equipo de seres terroríficos perfectamente organizado abandonou a aula para facer o seu desfile no patio cuberto.





 














































































       E, tras este samainesco desfile de personaxes variados, había que darlle algo de comer a estas criaturas terroríficas que nos invadiron. O primeiro plato foron as castañas asadas, protagonistas do tradicional magosto galego e do novedoso CastañazoFest. Agradecémoslle a Manolo a súa labor como "castañeiro oficial" fundamental neste día de tanto axetreo.
  O segundo, ou mellor dito o segundo, terceiro e cuarto platos, estaban esperando na aula de psico. Alí as mestras colocamos asdeliciosas viandas que as familias pementeiras aportaron xenerosamente para esta celebración. Temos que agradecervos a vosa dadivosidade, había moita variedade e cantidade de comida. De feito quedaron bastantes cousas sin abrir co cal seguramente para a festa de nadal teremos suficiente. Comprobamos datas de caducidade e gardamos o que non era perecedeiro. Así que mil grazas!


























































   E, xa por último, aínda que non por iso menos importante, chegou o momento dos xogos. Sobra dicir que, aínda que foi unha xornada intensa, as ganas de xogar sempre están presentes nas criaturas reais ou imaxinarias. Rematamos todas e todos agotados pero ben felices.























 













































































    E agora, todos estes seres do inframundo despídense ata o ano próximo. 












O ANIVERSARIO DE LUCAS

    Empezamos o mes de novembro cun aniversario. Hoxe tocoulle o turno ao pementeiro Lucas que agora xa é un mozo de 4 anos. Como facemos h...