O mércores 3 de xuño recibimos a visita de Vanessa, do CIM Terras de Iria, para reflexionar xuntos sobre o que significa a palabra familia e observar diferentes modelos de familias. Estivemos vendo que hai moitos tipos pero todos eles son igualmente respectables. Hai familias cun papá e unha mamá, hai familias que só teñen un papá, ou só teñen unha mamá, hai familias cun fillo ou filla ou familias con varios fillos, hai familias con mascotas, hai familias con dúas mamás, ou dous papás ...Non importa cantos membros ten, non importa se é máis grande ou máis pequena, o verdadeiramente significativo é o amor que une ás persoas que deciden emprender un proxecto vital conxuntamente.
Vanessa, como fai sempre, contounos cousas, falounos coa
súa calma e afecto e propúxonos facer un mural con todas as fotos das familias
dos peques da aula. Traballando en equipo fomos organizando as fotos nunhas cartulinas e despois de pegalas tamén os nenos e nenas colocaron unhas pegatinas e uns selos nas cartulinas para que o mural quedara aínda máis vistoso. Sempre agradecemos as vistas de Vanessa e disfrutamos das súas
propostas cheas de contido que nos animan a abrir os ollos ante realidades quizá un pouco diferentes á nosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario