Hoxe outra nova encargada fixo as súas tarefas con moita ilusión: Icía. Pasou lista, contou cantos artistas estaban listos para actuar no escenario e cantos quedaran na casa e, despois axudoume a repartir as fichas. A ver a quen lle toca mañán! Será un pementeiro ou unha pementeira?
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 29 de septiembre de 2021
OS RETOS VAN VENTO EN POPA
martes, 28 de septiembre de 2021
O CUMPLE DE CARMEN LÓPEZ
Empezan as celebracións na Pementeira. Hoxe tivemos o primeiro aniversario do curso escolar: Carmen López cumpleu 5 anos. Eu pensei que eran 25 e non tiña tantas candeas pero resulta que eran 5! Resultou ser un día moi axetreado. Eu non sei si xa estaban nerviosos polo cumple pero o caso era que non había maneira de que se tranquilizaran un pouco e me escoitaran. O caso é que non nos dou tempo de celebralo antes do recreo e tivemos que facelo despois (así que comemos poucas galletas para non ir coa barriga moi chea para o comedor, e mañán xa rematamos as que nos sobraron.
Hoxe tivemos unha nova encargada, tocoulle o turno a Carmen García que fixo o seu traballo requetebén: pasou lista perfectamente recoñecendo todos os nomes dos compañeiros/as e despois axudoume a repartir as fichas. Por suposto non se esqueceu de ir de primeira na fila.
lunes, 27 de septiembre de 2021
RETOS E ENCARGADO
A semana pasada propuxen o primeiro reto deste curso 2020-21. A cousa foi así: estamos traballando cos Bits de Intelixencia todos os días antes de ir comer. Os bits son simplemente imaxes que lles imos mostrando aos nenos/as para que vaian memorizando. Simplemente se van mostrando -e dicindo o seu nome- durante uns segundos, sempre as mesmas imaxes, e poden ser fotografías de obras de arte (pintura, escultura, arquitectura...), personaxes históricos, elementos da natureza (montes, lagos, animais, flores...), obxectos, cidades, medios de transporte, tipos de vivendas... En pouquísmo tempo, nenos e nenas recordan o que é cada unha das imaxes mostradas e eu aproveito para ir contándolle máis cousas sobre cada unha delas. Precisamente falando do Machu Pichu un neno preguntou por qué a xente que vivía alí marchou. E eu aproveitei para propoñer o primeiro reto de investigación: Averiguar os motivos do abandono do Machu Pichu.
Dúas señoritas chegaron coa resposta: Triana e Rosalía. Así que teño que felicitar a estas dúas investigadoras. As causas do abandono do Machu Pichu non están claras, Os expertos din que hai varias hipótesis; podería ser a causa de loitas internas ou unha guerra, quizá por culpa dunha epidemia de viruela (que como nos dixo Rosalía chegoua América cos españois), por falta de recursos alimenticios... Quizá foi un abandono repentino por algún problema dese tipo ou ben pouco a pouco, co paso do tempo, a xente ía marchando a outras cidades. En fin que a cousa non está totalmente clara pero por algún destes motivos, os incas foron deixando de vivir nesa cidade enclavada no Machu Pichu que significa Cima Vella.
TRES CUMPLES PARA EMPEZAR O 2025
O mes de xaneiro de cada ano´ está cheo de bos propósitos, de ganas de iniciar novos propxectos, de cambiar malos hábitos e de poñer ...
-
Na Pementeira, cada día se van percibindo novos avances e, en certas tarefas, xa se nota moita máis seguridade e confianza. É certo que...
-
Hoxe tivemos un día moi especial na Pementeira. Grazas á avoa e á mamá de Carla puxemos en marcha unha experiencia que pode resultar moi i...
-
¡Por fin logramos facer o noso volcán pementeiro! Xa levábamos tempo falando do volcán e eu intentando crear o momento preciso para facelo ...