O venres xa empezamos a meternos na rutina do novo curso escolar. Contamos un conto moi bonito, fixemos unha ficha para facer un repasiño dos trazos dos números, tivemos a primeira English class coa teacher Vanessa, despois do patio relaxámonos co "Nocturno" de Chopin, xogamos por equipos e recibimos a visita dunha amiguiña que vai estar connosco todo o curso. Non ten nome aínda porque ela quere que lle escollamos un nome relacionado co noso novo proxecto de investigación e, claro, aínda non descubrimos cal é. Pero bueno, o importante é que os pementeiros e pementeiras recibiron con moita alegría e ilusión e esta nova amiga que nos vai acompañar cada día e espero que nos faga rir moito.
UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ACHÉGANSE O SAMAÍN E O CASTAÑAZOFEST
Estamos a piques de rematar o mes de outubro e,polo tanto, de celebrar a máxica festa do Samáin. Unha celebración ancestral que nos recor...
-
Finalizamos o segundo trimestre do curso. Un trimestre curto pero cheo de actividades e experiencias. A verdade é que pasou ben rápido. ...
-
Hoxe,o noso cole encheuse dunha enerxía especial, un aire africano que chegou da man dun auténtico griot, un contador de contos nacido ...
-
Este venres 17 de abril, recibimos o segundo exemplar do noso xornal Novas de Infantil . Sempre é agradable miralo e ir recordando as di...
No hay comentarios:
Publicar un comentario