UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
lunes, 27 de septiembre de 2021
RETOS E ENCARGADO
A semana pasada propuxen o primeiro reto deste curso 2020-21. A cousa foi así: estamos traballando cos Bits de Intelixencia todos os días antes de ir comer. Os bits son simplemente imaxes que lles imos mostrando aos nenos/as para que vaian memorizando. Simplemente se van mostrando -e dicindo o seu nome- durante uns segundos, sempre as mesmas imaxes, e poden ser fotografías de obras de arte (pintura, escultura, arquitectura...), personaxes históricos, elementos da natureza (montes, lagos, animais, flores...), obxectos, cidades, medios de transporte, tipos de vivendas... En pouquísmo tempo, nenos e nenas recordan o que é cada unha das imaxes mostradas e eu aproveito para ir contándolle máis cousas sobre cada unha delas. Precisamente falando do Machu Pichu un neno preguntou por qué a xente que vivía alí marchou. E eu aproveitei para propoñer o primeiro reto de investigación: Averiguar os motivos do abandono do Machu Pichu.
Dúas señoritas chegaron coa resposta: Triana e Rosalía. Así que teño que felicitar a estas dúas investigadoras. As causas do abandono do Machu Pichu non están claras, Os expertos din que hai varias hipótesis; podería ser a causa de loitas internas ou unha guerra, quizá por culpa dunha epidemia de viruela (que como nos dixo Rosalía chegoua América cos españois), por falta de recursos alimenticios... Quizá foi un abandono repentino por algún problema dese tipo ou ben pouco a pouco, co paso do tempo, a xente ía marchando a outras cidades. En fin que a cousa non está totalmente clara pero por algún destes motivos, os incas foron deixando de vivir nesa cidade enclavada no Machu Pichu que significa Cima Vella.
Unha vez resolto o reto, ao día seguinte Mateo tamén trouxo a súa investigación. Pero, claro, o enigma xa o resolveran Rosalía e Triana. Quero felicitar igualmente a Mateo porque sempre é importante investigar pero hai que estar atentos o día que se propón o reto porque cando alguén xa o resolve, pois hai que pasar ao seguinte reto.
Animo a todos os pementeiros/as a investigar e descubrir os enigmas que se plantexan na aula. É divertido descubrir cousas que non sabíamos antes pero o importante é aprender algo novo, non se trata de competir ou de levar un premio. Cando alguén descubre información que non coñecíamos e nos conta todo o que averiguou, todos saímos gañando, todos aprendemos. Pero cando se contestou a unha pregunta, cando xa resolvemos ese enigma, xa está feito.
A ver si conseguimos espertar a curiosidade deste peques e cada día alguén máis se anima a investigar.
E hoxe tivemos outra novedade: nomeamos ao primeiro encargado do curso escolar e tocoulle a Bruno, que estaba un pouco nervioso (seguramente por ser o primeiro). Tivo que pasar lista, chamando a todos os /as artistas da aula A Pementeira para comprobar quen estaba no escenario e quen quedara na casa.
E despois tamén traballamos un poquiño, pero sempre disfrutando da música.
Pouco a pouco imos coñecendo, e disfrutando, algunhas obras maestras da música clásica como o Nocturno de Chopin ou Aire de Bach. Hoxe ata me pediron que lle volvera poñer Aire de Bach. ¡Qué emoción! Estivemos practicando un obstinado sinxelo, repetido durante toda a peza,para ir interiorizando a melodía, a súa cadencia, o seu ritmo, a tranquilidade que desprende, sin carreiras (porque estes peques soen ter moita presa) e cando lles puxen a David Garret tocando os seu violín estiveron completamente concentrados e absortos nesta melodía tan fermosa.
Que proxecto mais chulo!!!
ResponderEliminarNoraboa tamén a eses investigador@s que van resolviendo os retos da clase. Bicos 😘😘😘 e alertas🤗🤗🤗