Mostrando entradas con la etiqueta ´Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ´Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de mayo de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  O 17 de maio é un día importante para os galegos e galegas. É un día sinalado para homenaxear á nosa lingua, o galego, e a todas as persoas que o defenderon e o empregaron como vehículo de comunicación, expresión e creación. Esta data, 17 de maio, recorda o momento preciso en que se publicou o primeiro exemplar de Cantares Gallegos da escritora Rosalía de Castro dando comezo ao Rexurdimento.

 

   Este ano a autora homenaxeada foi Begoña Caamaño, escritora, xornalista e locutora de radio. Aínda que estudiou Maxisterio, a súa vida encamiñouse cara o xornalismo que lle permitiu mostrar o seu activismo social e político.  Foi unha muller moi comprometida cos principios feministas, defendendo sempre con enerxía a xustiza, a necesidade de visibilizar o papel da muller na sociedade e a obligatoriedade de loitar pola igualdade real entre homes e mulleres.
                          

  Na Pementeira elaboramos un mural coa imaxe de Begoña Caamaño, pintada polos nenos e nenas, rodeada das palabras que ela mesma empregou para autodescribirse. Ela afirmaba que era activa, inqueda, tenra, intensa, rebelde, fantasiosa e defínese como “artivista”, unha suma de artista e activista. Traballando en equipo fixemos un pequeno recoñecemento a esta muller valente, crítica e loitadora que tamén nos deixou dúas interesantes obras literarias, escritas na nosa lingua galega, nas que reinterpreta antigos mitos en clave feminista.

  Para os peques de 3-4 anos é moi complexo entender a trascendencia deste día para a cultura galega, e o valor de mulleres como Begoña Caamaño. Pero o que tratamos de facer é que vaian escoitando nomes, que vaian familiarizándose con imaxes, que vaian asumindo con naturalidade que as mulleres tamén son escritoras, son activistas e loitadoras e que deixan a súas pegadas na historia dun país, que vaian escoitando novas palabras que irán progresivamente integrándose no seu vocabulario... Son simplemente sementes que seguramente, se as regamos e coidamos, xermolarán e darán froitos.





                 


              

                            








 





jueves, 16 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: ROCK´N´ROLL CON PAKOLAS E PALABRAS FERMOSAS

         ¡Viva o roc´n´roll! Cómo nos gusta a música! Onte, mércores 15 de maio, visitamos a Fundación Camilo Xosé Cela para disfrutar dun animado e vitalista concerto de Pakolas que sempre nos fai rir, bailar, dar palmas e saltar nas nosas cadeiras. Foi moi divertido e liberamos moita adrenalina coa profe Lupe, furona bailona, a nave espacial, a guitarra politrónica e os debuxos de Laura. Estivo xenial!

















































































    E a música sempre é un bo recurso para celebrar a importancia da lingua, para aprender divertíndose e para crear vículos de unión entre a xente. Pero despois de cantar e bailar, regresamos ao cole e acabamos o noso florido mural de palabras fermosas, para deixar constancia do nosa admiración e amor pola lingua galega que nos agasalla con palabras cheas de sonoridade, de sentemento, de cultura e de personalidade propia.
    Detrás deste bonito mural que fixemos conxuntamente todos/as os/as nenos/as de mestras de educación infantil houbo varios días de traballo, pintando, aprendendo palabras novas, escribindo e organizando toda esta obra. Finalmente, elaboramos un vídeo de palabras fermosas para axudar a que as nosas letras galegas florezan con todo o seu esplendor.

































                                           










































AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!!!

      Xa estamos de volta! As vacacións de verán remataron e damos inicio ao curso 2026-27. Que ganas temos xa de vernos, falar, cantar, esc...