lunes, 30 de noviembre de 2020

PERSONALIDADES UBUNTU: ISABEL ZENDAL

    Seguimos coñecendo máis personalidades importantes que adicaron a súa vida a facer cousas boas polos demáis, aa mellorar as condicións de vida dos outros,a loitar polos dereitos de todos... E, nesta ocasión, Moisés presentounos a Isabel Zendal. 

    Gustoume moito a elección desta muller, porque ademais de ser galega (de Ordes), está de plena actualidade co tema das vacinas que agora todos esperamos como auga de maio, e porque se vai a inaugurar un novo Hospital de pandemias que leva o seu nome. Isabel Zendal viaxou a América e Filipinas, acompañando e coidando a un grupo de nenos,  que formaban parte da chamada "expedición Balmis", que levaba a vacina da viruela a eses territorios lonxanos.





     E despois de escoitar a Moisés, como ven sendo habitual, fixemos unha ficha recollendo algunha información importante sobre Isabel Zendal.



































E aproveito para mostrarvos unhas "esculturas" de plastilina que algúns pementeiros fixeron o venres.
Pablo Canabal fixo a "Estatuada Liberdade" de New York.


Erik Vázquez fixo o "David" de Miguel Ángel.


Erik Pérez fixo o "Pensador" de Rodin.


    Como vedes, a arte está sempre presente na aula. E agora, pouco a pouco, imos facendo figuras de plastilina con volúmen, que se aguantan de pé... E estupendo ver como as obras de arte que imos coñecendo, ou os edificios famosos, ou elementos da paisaxe como montañas ou volcáns, van enriquecendo as imaxes mentais dos pequenos e van configurando o seu pensamento, de maneira que se integran nas súa experiencia como se as visitaran e promoven e estimulan a súa curiosidade e ganas de aprender.

jueves, 26 de noviembre de 2020

¡CÓMO MOLA A MÚSICA CLÁSICA!

    Unha das cousas que non pode faltar na Pementeira é a música. É certo que hai días nos que non é posible escoitar música porque estes nenos e nenas teñen tantas ganas de falar (e falan un pouquiño alto de máis) que teño que acabar apagando o reproductor de cds (porque ao final hai demasiado ruído na aula). Pero salvando ese momentos, un día sin música é impensable na nosa aula. Dá igual o tipo de música que escoitemos: que temos ganas de máis ritmo pois un rock and roll, que necesitamos relaxarnos pois o Nocturno de Chopin ou Aire de Bach, que andamos de viaxe polo mundo pois música africana, hindú ou xamaicana... Temos música de todo tipo e cada un ten as súas preferencias claro está, pero é certo que hai cancións que triunfan sempre como "Olelé, molibá, makassi", "Rocanrol dragón", "Octopus´s garden" ou "Acatá"... E non esquecemos a música clásica que, aínda que moita xente pensa que pode ser aburrida, nada máis lonxe da realidade porque é superdivertida.

  Últimamente estamos disfrutando moito coa ópera "A frauta máxica" de Mozart, a "5ª  Sinfonía"de Beethoven e a "Marcha Radetzky" de Strauss. E como o domingo 22 de novembro se celebra en varios países europeos o Día da Música, pois nós o luns tivemos un día especialmente musical.

    Estivemos achegándonos á linguaxe musical a través dunha partitura sinxeliña, un pequeno fragmento da Frauta Máxica e algúns nenos ata se animaron a tocar un cachiño co metalófono.





















   Como vedes, estaban moi concentrados nas notas musicales (sol,fa, mi,mi,mi,mi,fa, fa) e estaban tamén un pouco nerviosos. Pero para ser a primeira vez eu penso que o fixeron moi ben. E esta actividade foi moi importante en moitos sentidos:
   1.- Estamos achegándonos a conceptos como figura musical e nota musical.
    2.- Estamos iniciándonos na lectura dunha partitura.
    3.- Estamos traballando a paciencia, o respecto de turnos así como o respecto cara o traballo e esforzo dos compañeiros/as.
    4.- Estamos reflexionando sobre a dificultade que conleva unha tarefa como é esta de tocar un instrumento. Para eles/as todo parece fácil, sin embargo cando están reproducindo esta sinxela sucesión de notas danse conta rapidamente toda a dificultade que conleva (controlar a intensidade, recordar as notas, controlar o movemento, tocar no lugar correcto e coa baqueta ben posicionada etc. De feito algúns/as frustráronse un pouco, pero iso tamén é unha aprendizaxe importante, comprender que non todo sae ben ao primeiro intento).
    5.- Estamos procurando asimilar pequenas frustracións e buscando o afán de superación, o interese por reintentar as cousas e mellorar.

    A pesar de que os vedes con caras moi serias, todos eles/as dixeron ese día e os seguintes que lles gustara moito tocar o metalófono. E volveremos a practicar máis, por suposto.
     Despois  de disfrutar con Mozart, tocou disfrutar con Beethoven. Estiven explicándolles que aínda que estes compositores viviron fai centos de anos, a súa música sigue sendo divertida, actual, moderna... Concretamente estivemos vendo como a "5ª Sinfonía" de Beethoven pode parecer un auténtico rock and roll cando a escoitamos tocada por un artista como David Garret co seu violín e o acompañamento dunha guitarra eléctrica (coa que Beethoven nin soñaría). Mirade que atentos están os nenos e nenas. Asegúrovos que hai poucos momentos ao longo do día nos que estén tan calados.







   E como a música ten moito que ver coas matemáticas, aproveito para que vexades que tamén estamos facendo sumas con moita concentración.
















O AVECUNCHO MEDRA

  Parece que imos entrando en materia e empezamos a interesarnos polas aves que teñen moitas cousas que contarnos. O noso avecuncho está me...