Hoxe, 7 de novembro, celebramos o aniversario da importantísima científica Marie Curie. Naceu tal día coma hoxe en Varsovia (Polonia) no ano 1867. Nestes momentos en que comprendemos mellor que nunca a importancia da ciencia nas nosas vidas, temos que valorar moito a contribución que fixo esta muller, incansable investigadora, para os avances médicos que nos axudan a ter unha vida máis longa e de máis calidade. Ademais hai que resaltar o feito de que sendo muller, nesa época, chegar a gañar dous premios Nobel (física e química) ten un mérito extraordinario. Foi a primeira muller en recibir un Nobel e a primeira persoa en recibir dous, foi a primeira muller profesora na Universidade de París... Grazas a ela, ás súas investigacións e descubrimentos sobre radiactividade, podemos facer radiografías que nos permiten ver o interior do noso corpo, así os médicos poden comprobar se temos un óso roto, ou se temos unha caries nun dente por exemplo.
Hoxe recordamos a Marie Curie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario