Tal día coma hoxe, un 12 de novembro de 1840, naceu en París Auguste Rodin. Rodin é un coñecido dos pementeiros e pementeiras que disfrutan moito vendo os bits de intelixencia e saben perfectamente que el elaborou a famosísima escultura "O PENSADOR".
Hoxe, como si estiverams nunha aula da Universidade de Historia da Arte polo menos, falamos de que Rodin cando fixo esta escultura, tiña un proxecto máis grande que consistía en representar a Dante, o famoso poeta, e algúns personaxes da súa obra "A Divina Comedia". Por iso, en principio esta figura respondía ao título de "O Poeta". O conxunto total formaba "A porta do Inferno" que se colocaría no Museo de Artes Decorativas de París. Peroo proxecto foi cancelado, aínda que Rodin traballou nas esculturas desa porta toda a vida.
Rodin admiraba profundamente a Miguel Angel Buonarroti e si vos fixades nalgunha das súas pinturas (como "Jeremías" na Capela Sixtina) ou esculturas (como as tumbas dos Medici) seguro que vos dades conta que "O pensador" ten certo parecido con elas.
Resulta que Rodin foi amigo de Degas. E na nosa aula tamén coñecemos a Degas grazas aos bits de intelixencia. E resulta que na nosa aula tamén temos un conto sobre Edgar Degas, que ademais de pintor tamén fixo algunhas esculturas, como por exemplo a da "Pequena bailarina", así que hoxe lemos a historia de "Edgar Degas e a pequena bailarina" que lles gustou moito a todos os nenos e nenas.
WHO TOOK THE COOKIE FROM THE COOKIE JAR?
Este xogo gústanos moito e a verdade é que a dinámica aprendérona rápido (sólo lles falta un pouco de pillería cando lles toca esconder a "cookie", ou disimular máis unha vez que xa a colocaron detrás dun compañeiro, ou aguantar sin mirar mentres alguén a esconde). A pronunciación das frases en inglés seguimos practicándoa. Certamente só xogamos un par de veces e de feito algúns nenos/as só xogaron unha vez co cal é normal que non recorden todo. En xeral caen no erro de decir "Hood" (que significa capucha) en vez de "Who", tamén es verdad que agora coa mascarilla costa un pouquiño máis captar ben certos sonidos porque ao non ver a boca (aínda que pareza que non é necesario si o noso oído funciona ben) non se ve a colocación dos beizos, ou a lingua e certos fonemas dilúense ou se confunden con outros cercanos.
Estas propostas de xogo en equipo son moi importantes por moitos motivos. Por suposto porque son divertidos e fan que pasemos bos momentos. Pero tamén porque temos que traballar moito, moito os hábitos de esperar turnos, ter paciencia, atender, escoitar aos demáis, cumplir normas, estar relaxados, asumir o feito de non gañar ou non ser protagonista directo... Hai moitas cousas. Podedes notar como lles gusta cando un compañeiro/a di o seu nome e van ser os "protagonistas" da ronda, ou como sempre "saben" o que teñen que facer os demais (e lles insisten en que o fagan) e cando lles toca a eles/as esquécense. Eu procuro plantexar con frecuencia actividades deste tipo con todo o grupo porque sirven para unirnos, para ter una conexión entre todos que é importante para lograr a cooperación e a colaboración que estamos buscando, e tamén porque vexo que moitos dos xogos neste grupo están baseados nas pelexas, os golpes, en actividades de moita intensidade nas que berran, se quitan os xoguetes das mans e discuten... Así que un obxectivo que teño é reducir estas dinámicas de xogo tan competitivas e propoñer outras máis colaborativas, con máis estratexias de observación, de atención, de memoria, de traballo en equipo...
E na casa, ¿coñecedes xogos de grupo que nos axuden a desenvolver habilidades deste tipo? Seguro que si. Pois podemos ir recollendo suxerencias e ir facendo recreos menos "intensos".
E aproveito xa tamén esta entrada para mostrarvos outra sesión de lectura na Pementeira. estivemos vendo libros moi interesantes sobre o mar, o espazo, África, castelos, letras, piratas, edificios e cidades do mundo e moitas cousas interesantes.
de aquí a la Facultad sin pasar por primaria jeje es impresionante como los atrapas y, de paso a mi.. ese libro de la bailarina y Degas me lo anoto..
ResponderEliminarValentina estaba deseando que subieras el vídeo de la Cookie Jar.. le encanta ese juego
feliz fin de semana!!
Como aprenden!!
ResponderEliminarDoy buena fe de que les encanta el juego de la cookie Jar,el martes me lo quisieron enseñar en el patio del comedor,aunque no sabían ciertamente lo que había que decir,pero,a su manera,jugamos,lo disfrutan mucho!!!