jueves, 5 de noviembre de 2020

MOITO ARTE

     A todo o rupo de pementeiros/as lles gusta ver os bits de intelixencia e xa recoñecen un montón de esculturas, pinturas, construccións e paisaxes de todo o mundo. Non só traballamos a memoria visual e auditiva, e a atención. Estamos a traballar  expresión oral e un montón de conceptos de xeografía, historia e arte por suposto.

   Unha das obras que forman parte dese conxunto de bits é a archicoñecida "Gioconda" ou Mona Lisa" do gran Leonardo da Vinci. esta semana estivemos pintándoa con acuarela. A min gústame moito pintar e teño a ilusión de transmitirlles aos pementeiros/as parte dese amor pola arte, do disfrute de expresar emocións e liberar tensións a través do debuxo e a pintura. Hai días que parece que o consigo... ¿Vós que pensades?

   Sempre lles explico aos nenos/as que cando pintamos é importante concentrarnos no que estamos a facer, deixarnos levar polas cores, polos trazos, con calma, con naturalidade, sin prisa, sin pensar en ser os primeiros en rematar, sin pensar cómo o fan os compañeiros, tratando os materiais de pintura con cariño (porque un pincel non é unha fregona) e percibindo como as cores lle dan máis vida aos debuxos. Poñemos música para ter un ambiente máis agradable na aula e, ás veces, funciona e outras teño que apagala porque nin a escoitamos.

   En fin, sei que a enerxía de 20 nenos/as non sempre se canaliza de xeito conxunto nun momento concreto. E nesas estamos, tratando de xerar sinerxias, intentando que todos cooperemos para que o grupo funcione mellor e poidamos disfrutar máis. Non é fácil, a estas idades pesa moito máis o interés individual, é algo lóxico dado o egocentrismo propio do seu nivel evolutivo, pero penso que deberíamos tratar de fomentar entre todos a valoración de certas actitudes que nos benefician a todos como grupo, sobre todo neste curso tan complexo no que é importante coidarnos individualmente, autoprotexernos, pero tamén coidar e protexer aos que están preto de nós.  Xa sabedes UBUNTU, unha palabra chea de contido. Complexa pero importante.

  Ao que íamos. A Gioconda, unha fermosa pintura que nos achegou ao artista, o gran Leonardo que tamén foi filósofo, escultor, enxeñeiro, inventor... Por exemplo falamos da súa "maquina voadora" ou o seu deseño de bicicleta.

    Se queredes saber un pouquiño máis sobre Leonardo, aquí vos deixo un capítulo de "Érase una vez los inventores" que trata sobre el.


E  aquí están os pementeiros/as pintando.

 





 






    E agora un vídeo dalgúns momentos diferentes de traballo na aula. Cando os nenos e nenas están máis concentrados nas tarefas, aproveito para gravalos un cachiño e así vós podedes comprobar que son perfectamente capaces de estar atentos, de traballar tranquilos, mesmo de cantar e bailar un pouquiño... Xa conseguimos moitos avances nas actividades "de mesa", xa todos saben que non me teñen que chamar berrando, que teñen que tratar de facer cada un a súa ficha, poñer data e nome ... Aínda costa un pouco atender á explicación da actividade porque soe ocurrir que todos saben o que teñen que facer antes de que o explique, interrúmpenme varias veces, sempre é fácil, pero despois cometen erros por despistes e non lles gusta nada de nada que eu lles borre ou corrixa algo (ás veces aínda que eu lles diga que algo está mal, volven repetir o mesmo erro varias veces e enfádanse porque lles insisto en que fixeron mal unha suma, ou copiaron mal a data, o se lles esqueceu unha letra no nome...). Cando xa se dan conta do erro, normalmente rematan a tarefa rapidamente e xa se esquecen do mal humor o cal tamén é moi normal porque as emocións dos pequenos son moi intensas e cambiantes. Pouco a pouco iremos traballando a "resistencia á frustración". Aínda que lles explico sempre que todos nos equivocamos algunha vez, e que hai que observar ben onde está o erro para corrixilo e xa está solucionado, cóstalles bastante asumir que non fixeron algo ben. Como sempre vos digo, animade aos nenos/as a intentar as cousas, decídelle todo o que fan ben pero axudádelles tamén a comprender que poden equivocarse, que non sempre levan a razón e que se pode corrixir un erro.

    Bueno, hoxe púxenme un pouco reflexiva no que se refire a certas actitudes frente ao "traballo escolar" porque vexo que este grupo ten moito potencial, hai moita intelixencia, moita enerxía, moitas ganas de aprender, moitas ganas de participar e iso é fantástico, pero temos que potenciar algunhas cousas como a capacidade de escoitar, a paciencia, a concentración e a resistencia á frustración. É lóxico porque desde marzo viviron situacións complexas que non foron nin moito menos as ideales para eles, e quizá esa falta de contacto social durante tempo, o feito de non ter que compartir xoguetes, atención, conversas etc. con outros 20 nenos/as no mesmo espazo e tempo, estar tanto tempo na casa e despois lóxicamente disfrutar dun verán no que era necesario liberarse e esquecer o pasado, está facendo que lles coste máis entender que teñen que esperar, que non poden ir sempre de primeiros, que non poden ser sempre os gañadores nun xogo, que non sempre poden elexir eles o conto ou a canción... Digo esto porque en moitas ocasións para elexir unha actividade concreta, propoño tres opcións e facemos unha votación a ver cal gana e a algúns cóstalles moito, moito asumir que a súa opción no sexa a gañadora...
   E cambiando de tema, hoxe lemos un conto que lles gustou moito. O mellor de todo é que varios nenos/as recordaron en canto viron a portada que xa llo contara o curso pasado (e fíxome moita ilusión ver que se entusiasmaron porque llo volvera contar). 

   Unha cousa que me encanta este grupo é que cando acabo de contarlles un conto, normalmente sempre aplauden e falan sobre el, decíndome o que máis lles gustou, ou repetindo algunha frase... É xenial velos disfrutar coas historias e cos ollos fixos nas imaxes. Lede moito con eles porque o mellor xeito de conseguir bos lectores é transmitirlles co voso exemplo o amor pola lectura.
    Tamén tivemos tempo de practicar un novo xogo, en inglés, que espero poder gravar un destes días para que o poidades ver na casa. Pasárono moi ben e eu tamén porque ese momentos nos que o grupo funciona como un equipo e son capaces de participar nunha dinámica grupal con nauralidade son a mellor mostra de que podemos facer moitas cousas xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...