jueves, 26 de noviembre de 2020

¡CÓMO MOLA A MÚSICA CLÁSICA!

    Unha das cousas que non pode faltar na Pementeira é a música. É certo que hai días nos que non é posible escoitar música porque estes nenos e nenas teñen tantas ganas de falar (e falan un pouquiño alto de máis) que teño que acabar apagando o reproductor de cds (porque ao final hai demasiado ruído na aula). Pero salvando ese momentos, un día sin música é impensable na nosa aula. Dá igual o tipo de música que escoitemos: que temos ganas de máis ritmo pois un rock and roll, que necesitamos relaxarnos pois o Nocturno de Chopin ou Aire de Bach, que andamos de viaxe polo mundo pois música africana, hindú ou xamaicana... Temos música de todo tipo e cada un ten as súas preferencias claro está, pero é certo que hai cancións que triunfan sempre como "Olelé, molibá, makassi", "Rocanrol dragón", "Octopus´s garden" ou "Acatá"... E non esquecemos a música clásica que, aínda que moita xente pensa que pode ser aburrida, nada máis lonxe da realidade porque é superdivertida.

  Últimamente estamos disfrutando moito coa ópera "A frauta máxica" de Mozart, a "5ª  Sinfonía"de Beethoven e a "Marcha Radetzky" de Strauss. E como o domingo 22 de novembro se celebra en varios países europeos o Día da Música, pois nós o luns tivemos un día especialmente musical.

    Estivemos achegándonos á linguaxe musical a través dunha partitura sinxeliña, un pequeno fragmento da Frauta Máxica e algúns nenos ata se animaron a tocar un cachiño co metalófono.





















   Como vedes, estaban moi concentrados nas notas musicales (sol,fa, mi,mi,mi,mi,fa, fa) e estaban tamén un pouco nerviosos. Pero para ser a primeira vez eu penso que o fixeron moi ben. E esta actividade foi moi importante en moitos sentidos:
   1.- Estamos achegándonos a conceptos como figura musical e nota musical.
    2.- Estamos iniciándonos na lectura dunha partitura.
    3.- Estamos traballando a paciencia, o respecto de turnos así como o respecto cara o traballo e esforzo dos compañeiros/as.
    4.- Estamos reflexionando sobre a dificultade que conleva unha tarefa como é esta de tocar un instrumento. Para eles/as todo parece fácil, sin embargo cando están reproducindo esta sinxela sucesión de notas danse conta rapidamente toda a dificultade que conleva (controlar a intensidade, recordar as notas, controlar o movemento, tocar no lugar correcto e coa baqueta ben posicionada etc. De feito algúns/as frustráronse un pouco, pero iso tamén é unha aprendizaxe importante, comprender que non todo sae ben ao primeiro intento).
    5.- Estamos procurando asimilar pequenas frustracións e buscando o afán de superación, o interese por reintentar as cousas e mellorar.

    A pesar de que os vedes con caras moi serias, todos eles/as dixeron ese día e os seguintes que lles gustara moito tocar o metalófono. E volveremos a practicar máis, por suposto.
     Despois  de disfrutar con Mozart, tocou disfrutar con Beethoven. Estiven explicándolles que aínda que estes compositores viviron fai centos de anos, a súa música sigue sendo divertida, actual, moderna... Concretamente estivemos vendo como a "5ª Sinfonía" de Beethoven pode parecer un auténtico rock and roll cando a escoitamos tocada por un artista como David Garret co seu violín e o acompañamento dunha guitarra eléctrica (coa que Beethoven nin soñaría). Mirade que atentos están os nenos e nenas. Asegúrovos que hai poucos momentos ao longo do día nos que estén tan calados.







   E como a música ten moito que ver coas matemáticas, aproveito para que vexades que tamén estamos facendo sumas con moita concentración.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...