UN DOS PRINCIPAIS OBXECTIVOS DA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR AS VENTÁS POLAS QUE VEMOS O MUNDO. Arnold H. Glasow
miércoles, 18 de noviembre de 2020
MÚSICA, MÚSICA E MÁIS MÚSICA
Na Pementeira non poderíamos vivir sin música. Todos, todos os días temos música na aula: cantamos ao chegar ao cole, traballamos escoitando música, facemos xogos musicais e actividades de ritmo, coñecemos cancións de todo o mundo... A música axúdanos a relaxarnos ou a animarnos, según o momento, fainos rir e pode facernos chorar tamén, fai que nos sintamos unidos como un equipo e esperta en nós emocións tan diferentes que serían difíciles de explicar.
Ultimamente disfrutamos moito cunha canción que fala dun dragón que quere ser estrela do rock and roll: "Rockanrol dragón" de Magín Blanco. Cando estamos todos xa xuntos diante da PdI, nas nosas posicións, cantámola xuntos. Normalmente poñen moito entusiasmo pero onte que empecei a gravalos para mostrarvos como cantan, parece que se "cortaron" un pouco. De todos os xeitos, escoitádea xuntos na casa. Veredes como lles gusta porque sempre lla teño que poñer dúas veces seguidas!!!
Tamén traballamos ritmos con música africana que nos gusta moito, moito. Xa sabedes o que disfrutamos con OLELÉ, MOLIBA, MAKASSI. E agora tamén escoitamos e traballamos a percusión corporal con KOKOLEOKO e AMAWOLÉ.
Pero o que máis me emociona de todo é o que disfrutan escoitando ópera. Estamos lendo a historia de "A frauta máxica" a ópera de Mozart que todo o mundo coñece. Xa o curso pasado empezáramos a lela, a escoitar fragmentos e mesmo a facer breves representacións dalgúns momentos emocionantes do relato. Pero a causa do imposto confinamento que nos colleu así de repente, o noso traballo operístico quedou interrumpido. Pero eu tiña fotos gardadas nas que se ve a algúns nenos e nenas representando distintos papeis da ópera...
1.- O dragón achégase a Tamino e bótalle o seu alento quente no pescozo. Tamino intenta dispararlle unha frecha pero non acerta.
2.- Tamino intenta escapar pero tropeza nunha póla dunha árbore e cae ao chan. O dragón está a punto de comelo.
3.- Aparecen as Tres Damas da Raíña da Noite que matan ao dragón e contemplan embelesadas a Tamino que aínda está inconsciente.
4,. Aparece Papageno, despistado tropeza con Tamino que recupera o coñecemento. Ven ao dragón morto e Papageno aproveita o desconcerto de Tamino e dille que foi el mesmo quen matou ao dragón coas súas propias mans.
5.- Aparece en escea a Raíña da Noite, coas Tres Damas e dinlle a Tamino e Papageno que teñen que ir rescatar á súa filla, a Princesa Pamina, que foi raptada polo malvado Sarastro.
E ata aquí o que sabíamos da historia da Frauta Máxica. Agora xa avanzamos moito máis e tamén escoitamos, e vemos na PDI, algúns fragmentos da fantástica ópera de Mozart. No seguinte vídeo están vendo o momento xusto no que Papageno coñece a Papagena. Están todos/as concentrados na representación (aínda que no vídeo non se aprecia a imaxen da PDI).
E agora podedes ver como representan algunhas esceas da ópera. No primeiro vídeo, Tamino ve as pegadas do dragón e vai mirando a ver si o ve no bosque. de repente o dragón sae de entre a maleza e quere atacar a Tamino. Tamino intenta dispararlle unha frecha, non apunta ben, marcha correndo e cae.
No segundo vídeo, Papageno rodea o Templo da Sabiduría donde vive Sarastro (quen supostamente ten secuestrada a Pamina) e observa que nun patio se atopa un home moi forte (Monóstatos) agarrando con forza a Pamina que intenta liberarse. Papageno salta o muro e fai soar as súas campaniñas máxicas. Ao escoitar ese tintineo, Monóstatos solta a pamina e ponse a bailar. Nese momento Papageno e Pamina aproveitar para escapar de alí.
A verdade é que onte tivemos un día cheo de emocións fortes. Non vos imaxinades o que me gusta que me pidan que lles siga contando que pasa na historia da Frauta Máxica e como se meten na narración e recordan detalles do que lles contei outros días.
Seguiremos lendo e representando as esceas. Esta ópera de Mozart está realmente resultando moi interesante e entretida.
esta entrada es una súper sorpresa.. por un lado por ver las fotos del año pasado (que al principio me costó darme cuenta jaja) y porque la educación musical y aprender diferentes estilos, culturas hace que abramos muuucho más la mente. doy fe que les encantan las canciones donde practican percusión corporal, pero la representación de La flauta mágica me dejó alucinada. A Valentina le encantó la foto del salto de Seira-Papageno
E que é alucinante como disfrutaron coa "Frauta máxica". Temos que facer máis representacións, o que pasa é que algúns queren facelo e despois chega o momento e pódelles a vergonza, é normal, pero pouco a pouco iremos vendo o que vai saíndo. O salto foi gracioso porque Seira fíxoo moi ben pero claro, eu estaba grabando o vídeo e non tiña fotos, entón pedinlles a todos que representaran outra vez a escea para sacar fotos (eles encantados, non pensedes) pero o salto tivemos que repetilo porque non me daba tempo de pillalo no aire e estaba divertido, pero ao final conseguino e fíxolles moita graza.
esta entrada es una súper sorpresa.. por un lado por ver las fotos del año pasado (que al principio me costó darme cuenta jaja) y porque la educación musical y aprender diferentes estilos, culturas hace que abramos muuucho más la mente.
ResponderEliminardoy fe que les encantan las canciones donde practican percusión corporal, pero la representación de La flauta mágica me dejó alucinada.
A Valentina le encantó la foto del salto de Seira-Papageno
un saludo
E que é alucinante como disfrutaron coa "Frauta máxica". Temos que facer máis representacións, o que pasa é que algúns queren facelo e despois chega o momento e pódelles a vergonza, é normal, pero pouco a pouco iremos vendo o que vai saíndo. O salto foi gracioso porque Seira fíxoo moi ben pero claro, eu estaba grabando o vídeo e non tiña fotos, entón pedinlles a todos que representaran outra vez a escea para sacar fotos (eles encantados, non pensedes) pero o salto tivemos que repetilo porque non me daba tempo de pillalo no aire e estaba divertido, pero ao final conseguino e fíxolles moita graza.
Eliminar