Hoxe empezamos o día recordando a unha muller moi importante que estivo de aniversario o sábado: a científica Marie Curie. Eric Vázquez contounos algunhas cousas sobre ela porque na casa estivo vendo a entrada do blog do sábado e a historia de Marie Curie que nos contan os Lunnies de lenda. Así que aproveitamos para falar da importancia que teñen todos os científicos que están investigando sobre cousas tan importantes como as vacunas, os virus e as bacterias, sobre como curar enfermedades e axudarnos a vivir mellor e máis tempo, e moitas cousas así. Marie Curie investigou moitísimo sobre a radiactividade e grazas ao seu esforzo e entrega os avances no uso dos Raios X foron salientables.
Así que fixemos unha ficha sobre ela escribindo algunha información básica sobre a súa vida e traballo.
E ¿por qué pensades que eu digo que Marie Curie foi unha auténtica personalidade Ubuntu? Pois porque ela antepuso o ben común, o ben de moita xente, ao seu propio ben. Adicou a súa vida a investigar para mellorar a vida de calqueira enfermo e os seus cartos a financiar proxectos de atención aos soldados na guerra, por exemplo. ¡Qué importante é valorar á xente que non busca enriquecerse e vivir comodamente e pola contra quere axudar aos outros! Pois iso é UBUNTU: eu estou ben se todos vos estades ben, a importancia da comunidade, do grupo, a colaboración para acadar unha mellora da vida de todos.
Propóñovos algo: ¿qué vos parece si investigades cos nenos e nenas sobre outras personalidades Ubuntu? Se atopades algún home ou muller, algunha personalidade actual ou da historia, que fixera aportacións salientables para o resto da humanidade, que nos spuxeran melloras nas nosas vidas no aspecto que sexa, pois podedes preparar algún material sobre ese persoeiro. Por exemplo podedes gravar un vídeo sinxeliño decindo o seu nome e o que fixo, ou buscar algunha fotografía ou imaxe e escribir una "ficha informativa" sobre el/ela, buscar algún libro... o que se vos ocurra que podedes preparar. Si queredes podedes enviar as cousas ao correo electrónico (para que os nenos non traian cousas da casa, e eu podo compartilas no blog) A ver qué se vos ocurre. Ao longo da historia hai moitas personalidades Ubuntu, e cada un pode investigar sobre o tema que máis lle interese.
Xa que estabamos a falar da importancia da saúde, era o momento ideal para ler unha historia que a mamá de Bruno lle regalou a toda a aula (por suposto o libro estivo en cuarentena tres días completiños antes de empregalo) e que relata toda a situación que estamos a vivir con este coronavirus tan persistente que non quere deixarnos en paz.
E aquí está Bruno disfrutando do mesmo libro na súa casa (porque ten outro igual para el). Encántame ver aos nenos e nenas disfrutando cos libros. Eu sempre lles digo que son os nosos mellores amigos, porque están sempre con nos, contan historias emocionantes, explican un montón de cuestións de temas diversos, están cheos de sorpresas e sempre fan que nos sintamos ben. Así que xa sabedes, hai que ter sempre moitos libros preto de nos. E grazas Zaira por pensar en todos os compañeiros e compañeiras da Pementeira. Ese é tamén un comportamento UBUNTU.
E por último, outra cousiña que quedara pendente desde fai bastante tempo xa. Erik Vázquez levaba xa tempo insistindo en que fora a Santiago de Compostela e vira a Catedral. Certamente así foi e envíaronme fotos da visita, o caso era que un día por outro, como as clases na Pementeira son un non parar e ás veces costa un pouquiño aproveitar todo o tempo que queremos (entre lavados de mans, desinfeccións, merendas, organizacion das tarefas por grupos etc.), o pobre Erik estaba desexando mostrarnos as súas fotos e non había maneira. Hoxe foi o primeiro que me preguntou nada máis entrar e xa o merecía. Aquí está Erik mostrándonos as súas imaxes facendo a postura do guerreiro diante da catedral e despois visitando aos parruliños. Gústame ver que os pequenos/as pementeiros/as están contentos coñecendo o seu entorno, descubrindo que temos importantes obras de arte preto de nos. Como parece difícil que este ano poidamos viaxar coa liberdade que facíamos antes, intentaremos coñecer tamén moitos "bits de intelixencia" que hai cerquiña.
cuantas cosas buenas están aprendiendo!!! ayer nosotros también recibimos nuestra dosis de Marie Curie porque Valentina vino muy impresionada por lo que hablasteis en clase.
ResponderEliminargracias Zaira por el libro!!!
y esas Giocondas.. qué concentración.. auténticos "leonardos"
gracias Teté por compartirlo, gracias al blog hay un canal estupendo de comunicación con ellos.
María Basadre
Graciñas Zaira por ese libro tan chulo e a Teté por compartir e dar tanta información!!!!
ResponderEliminarUn placer poder aportar un granito de arena!! Me pareció un libro muy acertado para esta etapa que les tocó vivir!! Mil gracias Teté por tu trabajo y por dejarnos ver por esta gran ventana que es el blog,resulta más fácil entrañar conversación en casa sobre lo que van haciendo en el cole.😘
ResponderEliminar