martes, 17 de noviembre de 2020

PERSONALIDADES UBUNTU: MALALA

    Vaia por diante, antes de empezar a falar da cuestión á que se refire o título desta entrada, qeu hoxe tivemos un día fantástico na Pementeira. Aproveitamos moi ben o tempo, fixemos moitas cousas e pasámolo realmente ben. Así me gusta a min o cole, e sei que aso pementeiros/as tamén, variedade de actividades, lecturas, música, xogo, charlas... houbo tempo para todo. ¡Así si que disfrutamos e marchamos supercontentos para a casa!

   Un dos temas fundamentales do día foi coñecer a MALALA. Como xa sabedes, unha das propostas de traballo dentro do Proxecto Ubuntu consiste en investigar sobre persoeiros relevantes ao longo da Historia ou na actualidade que destaquen por adicar a súa vida a mellorar a vida dos demais. Xa falamos sobre Marie Curie, e como recordaron os propios nenos e nenas tamén coñecemos a Wangari Maathai.

    Hoxe Valentina, estivo falándonos de MALALA, sobre a que investigou coa súa familia, e aportou un vídeo que nos conta algunhas cousas relevantes sobre ela.


   Fixemos unha actividade impresa sobre Malala, para gardar a información relevante desta rapaza tan comprometida e valente nos nosos caderniños de traballo.



















     Ao longo da mañán fixemos moitas máis cousas, moi interesantes e divertidas, pero vounas deixar  para mañán. De todos xeitos antes de rematar comparto con vos un par de vídeos e unhas fotos e xa na próxima entrada vos explico con detalle o resto das actividades que estamos a facer.












E como a ARTE está moi presente na nosa aula, aquí está David emulando ao "Pensador" de Rodin e Saúl que edificou nun pispás as tres "Pirámides de Giza". Dá gusto ver como o que imos vendo na aula, o que van apredndendo, observando, interiorizando... aparece nos xogos e nas conversas con toda a naturalidade. ¡Encántame!

5 comentarios:

  1. Bravo polos pementeiros e pementeiras! Téñenos impresionados cas cousas que son capaces de facer.
    Unha presentación preciosa a de Valentina. Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Personalmente,me encanta ver cómo trabajan y aprenden un montón de contenidos diferentes.
    Felicidades a Valentina por la investigación y la presentación,bravo👏👏

    ResponderEliminar
  3. Os pementeiros/as teñen ganas de aprender moitas cousas, normalmente gústalles escoitar o que lles conto e teñen boa memoria. Cando consigo a súa atención, todo vai sobre rodas e eles disfrutan aprendendo e contando o que saaben. Así que o fundamental é lograr a atención, e a concentració, e aí andamos traballando! A vosa resposta e valoración na familia, na casa, reforzando, escoitándoos, animándoos a investigar, mostrando o voso agrado ante o que apreenden é fundamental, é unha peza básica neste proceso de aprendizaxe. Así que noraboa por ese traballo familiar.

    ResponderEliminar
  4. sí que les gusta aprender y me encanta la cara de satisfacción de Valentina cuando nos cuenta algo o nos dice algo que aprendió en el cole.. y a mi me encanta cuando empiezas el blog diciendo "hoy fue un buen día o tuvimos un día buenísimo"
    así que continuemos en este camino de aprendizaje y concentración !!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Es que realmente hay muchos días estupendos, y muchos días con cosas que disfrutamos aunque también surgieran pequeños conflictos en medio. Y los adultos. casi siempre, tenemos una tendencia a hablar de las cosas que no funcionaron bien. Es lógico porque detrás de esas charlas suele haber un interés por buscar soluciones, cambiar cosas y mejorar. Pero centramos mucha atención en lo "no perfecto", y la perfección es difícil de lograr. Así que, en este año especialmente, quiero que todos hagamos un esfuerzo en valorar todo lo positivo. Y como complemento, reflexionar sobre lo que no fue tan bien pero desde ese punto de vista de buscar caminos, y no insistir tanto en la conducta negativa sino en cual sería la positiva... Las "personalidades Ubuntu" nos ayudan a hablar de esas cosas.🤗

      Eliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...