miércoles, 11 de noviembre de 2020

FOLLAS DE OUTONO

     O outono sempre nos produce un pouquiño de tristeza porque supón o remate do verán que tanto nos gusta, e a proximidade do frío inverno que, normalmente, nos invita a quedar na casiña máis tempo. Pero a verdade é que o outono ten unha beleza que ´difícil de superar. Se nos animamos a dar un paseo por un bosque podemos ver unha chea de cores intensas, de xogos de luces  e sombras, de camiños alfombrados de follas secas que non nos poden deixar indiferentes.


   As follas do outono poden mostrarnos unha variedade de tonalidades de amarelos, laranxas, vermellos, marróns, verdes e mesmo morados ou violetas que fan que calqueira fotografía pareza unha verdadeira obra de arte. 







   Así que estes días nós quixemos probar a pintar as nosas follas de outono con todas esas cores intensas. E tamén experimentamos unha nova técnica de pintura que consiste en dar toques de cor (colocando o pincel en vertical) de xeito libre polo debuxo. As cores non as mesturamos antes de pintar senón que se van colocando unhas á beira das outras dando eses  pequenos toques co pincel de xeito que interactúan unhas coas outras pola proximidade ou ben porque se mesturan directamente no papel.  Esta técnica é máis ou menos similar á empregada polos pintores postimpresionistas (o divisionismo e o puntillismo por exemplo). Así que como vedes imos probando cousas, experimentando, tratando de deixarnos levar pola actividade de xeito espontáneo e natural a ver que resultado podemos obter..
     Mirade a ver que vos parece esta experiencia pictórica. A min paréceme que foi bastante productiva.












































    E como tivemos uns días moi pictóricos, tamén lemos un libro moi artístico, un conto baseado na vida dun xenial pintor que a min me encanta: Vincent van Gogh.

3 comentarios:

  1. a min encántame o outono!! e estas follas reflexan perfecamente as suas cores.. qué resultado tan bonito!!!!

    saudos

    María Basadre

    ResponderEliminar
  2. Quedaron moi chulas! A ver se as recortamos para colgalas do teito da aula, ou algo así! Faremos que "caian" como si estiveramos nun bosque.😅

    ResponderEliminar
  3. Pero que hojas más otoñales,os quedaron preciosas!!🍁🍁🍁

    ResponderEliminar

25N

        O 25 N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Un ano máis Vanessa do CIM Terras de Iria veu visitarno...