Hoxe toca falar doutra grnade personalidade da historia da humanidade: Gandhi. Un loitador pola independencia da India fronte ao colonialismo británico e defensor da paz e da non-violencia.
Julia preparou na casa unha presentación sobre este home que tivo unha vida complexa, chea de acontecementos e que ela nos explicou con moito detalle, a verdade.
Teño que felicitar a Julia e á súa familia porque non é fácil contar todo o periplo vital de Gandhi que viviu unha época tamén moi complexa políticamente. Así que todo ese esforzo para resumir a súa vida contando os momentos máis significativos e mesmo contextualizando cada un deles no mapa ben merece unha felicitación.
E, como ben sendo habitual, fixemos unha ficha recollendo algúns datos significativos sobre Gandhi.
Pensade que cando estades facendo estas presentacións, estades reforzando moitísimas cousas: a atención, a memoria visual e auditiva, a expresión oral, a conexión entre conceptos, a autonomía, a superación de retos, a responsabilidade... por non falar da adquisición de valores éticos e morais, e o achegamento a coñecementos diversos que sentan as bases de aprendizaxes posteriores que teñen moito que ver coa formación cultural. A cultura é algo que nos define como seres humanos e estamos facendo que todos estes nenos e nenas se acheguen con naturalidade a conceptos científicos, históricos, sociais, xeográficos, filosóficos...
qué bien Julia!! genial la exposición!!! que personas tan maravillosas e importantes para nuestra vida estamos conociendo; siempre, sin violencia. El poder de las palabras y de los gestos. un abrazo a todos los pementeiros que están aprendiendo tanto y de una forma tan amena e instructiva.
ResponderEliminarMaría Basadre