jueves, 30 de marzo de 2023

AGORA SÍ QUE É PRIMAVERA!

      Cando facemos o primeiro picnic do curso, podemos afirmar que chegou a primavera. Así que estamos encantadas/os de darlle a benvida  esta estación tan bonita do ano. Vai chegando a caloriña, brotan fermosas flores, cantan os paxaros e os pementeiros e pementeiras saen a merendar ao patio. Non imaxinades o contentos que se puxeron cando lles dixen que podíamos facer un picnic! Irea xa me contou que ela tamén fai picnics cos seus peluches. Que ben! Encántanos merendar fóra, respirando aire fresco, sen ter que poñer os abrigos porque a temperatura é moi agradable...


















   Ademáis de merendar fóra e xogar moito, tamén inauguramos a primavera olantando uns xeranios. Fomos a traballar á horta porque alí tiñamos os testos e a terra pero despois colocamos as nosas flores no peche do areiro para que o noso patio esté máis agradable e cheo de cores.
























KILIMANJARO

    Viaxando por África chegamos á montaña máis alta de todo o continente que se atopa en Tanzania: o Kilimanjaro, un volcán de máis de 5.00...