lunes, 13 de marzo de 2023

CANDO AS NENAS VOAN ALTO

    Hoxe recibimos unha visita especial no cole: Vanessa do CIM Terras de Iria. É unha visita quesemprenos gusta recibir porque ela sempre nos conta cousas interesantes sobre as mulleres e axúdanos a reflexionar sobre o importante que é cambiar certos estereotipos de xénero, valorar do mesmo xeito as capacidades de homes e mulleres e presentar modelos de mulleres máis variados e complexos dos que moitas veces se mostran nos contos ou na televisión, por poñer dous exemplos.

    Hoxe Vanessa contounos un conto sobre nenas que queren voar, nenas que teñen ideas e ambicións, que teñen soños e  os queren levar a cabo pero que están rodeadas dunha sociedade que lle enche os zapatos e os petos de pedras para impedirlles que despeguen, que den ese salto que as leve a onde queren estar. 

    Pasamos unha ratiño moi entretido  co conto, fixemos un xogo de preguntas e ademais Vanessa regalounos un precioso marcapáxinas. Qué xenial que nos visite Vanessa! Desde aquí dámoslle as grazas pola súa amabilidade e por ese esforzo que lle pon a esa loita pola igualdade de mulleres e homes!

                                         
                                            

                                            

         










































E despois dunha actividade tan interesante, volvemos ás nosas rutinas e, como é luns, toca sesión de ioga. Agora xa parece que nos gusta máis porque xa somos máis profesionais: quitamos mandilón e zapatos e empregamos as nosas super-esterillas. 
































   E hoxe levou o Libro dos Nomes o pementeiro Sergio, que espero que o disfrute moito coa familia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

OPERACIÓNS MATEMÁTICAS

    As mates están presentes no nosos día a día. Constantemente facemos cálculos e os nenos e nenas tamén, de xeito instintivo e con natural...